30 de mar. de 2010

O fenómeno cultural da fascinoloxía. As Illas Británicas e Galiza


Recentemente bautizada a Xeración Barbantia, na sede da Estación Leña Verde de Boiro púxose de manifesto o venres que o movemento cultural nado ao amparo da asociación que preside Antón Riveiro Coello segue a dar froitos en forma de mozos valores. Desta foi, precisamente, unha das fundadoras do colectivo, Milagros Torrado Cespón, que deu a coñecer O fenómeno cultural da fascinoloxía. As Illa Británicas e Galiza , que se presentou na citada instalación ante moitísimo público.

Abriu as intervencións Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia, quen explicou como coñeceu a Milagros Torrado coa que mantén unha gran amizade, para ceder a palabra a David González, director de publicacións de Toxosoutos, quen dixo que a obra está incluída na Serie Keltia porque os obxectivos desta, desde a súa fundación, son a reconstrución e recuperación da identidade galega a través das tradicións, lendas e costumes.

Condicións

O catedrático de Historia e Cultura Inglesas da Facultade de Filoloxía da USC Fernando Alonso Romero, á súa vez titor da autora, explicou que tivera a oportunidade de seguir o traballo de investigación da súa alumna, pois hai anos que a coñece e xa sabía que tiña condicións para o estudo e a investigación. Asegurou que facela obra non foi unha tarefa fácil porque Milagros Torrado tivo que empregar moitos días na recompilación de datos: «Hoy sale a la luz en su propia tierra, y es para mí una fascinación como profesor y colega, porque Milagros ya forma parte de nuestro departamento». O libro está centrado no mal de ollo «una tradición que no es exclusivamente gallega porque tiene sus equivalencias en Escocia e Inglaterra, con los que compartimos muchos aspectos culturales».

A autora, Milagros Torrado, fixo un repaso pola obra, desvelando algúns dos seus contidos, así como a súa estrutura interior. Asegurou que o día que lle chegou o libro ás súas mans acariñouno e exclamou que era o seu meniño. Tamén confesou que algunha xente estrañouse de que investigara o mal de ollo, pero ela animouse a seguir na súa inquietude de non deixar que morran as tradicións galegas.

Pechou as intervencións Xosé Deira, alcalde de Boiro. En primeiro lugar, destacou o papel de Toxosoutos, editorial que apoia sen reservas aos creadores barbanceses, e logo subliñou o mérito de Milagros Torrado que coa súa obra estaba a conseguir poñer sobre papel tradicións galegas que deste xeito non morrerán. Deira dixo que era un libro moi traballado, falou da envexa á que se atribúe o mal de ollo, como unha consecuencia do afán de superación das persoas e de que, hoxe en día, que hai tanta tecnificación, cada vez hai máis xente que acude a métodos tradicionais para resolver problemas. Sobre Milagros Torrado, o alcalde rematou dicindo: «A xuventude non só merece oportunidades senón tamén que a escoitemos para saber quen son». A actuación das cantareiras de Lumieira abriu e pechou o acto.

Moncho Ares, La Voz de Galicia, domingo 28 de marzo 2010

VENDENDO OLVIDOS

22 de mar. de 2010

Toxosoutos no Twitter

Estamos no Twitter. Atopa información dos nosos actos e publicacións en http://twitter.com/TOXOSOUTOS

18 de mar. de 2010

PREMIO HISTORIA MEDIEVAL DE GALICIA E PORTUGAL 2009

O SÁBADO 10 DE ABRIL TERÁ LUGAR O ACTO DE ENTREGA DO
PREMIO HISTORIA MEDIEVAL DE GALICIA E PORTUGAL 2009
ÁS 13,00H NA CASA DE CULTURA DO CONCELLO DE MUROS.

PRIMEIRO PREMIO:
Suso Vila, A mecánica do liñaxe no espazo medieval galego. A casa de Soutomaior (1147-1532).
FINALISTA:
Ernesto Iglesias, As moedas medievais galegas: A circulación monetaria en Galicia ata o século XV.

4 de mar. de 2010

TOXOSOUTOS O SÁBADO 6 DE MARZO


12.00H

O SOMBREIRO DE MERLíN EN RADIO OBRADOIRO. TERTULIA SOBRE LITERATURA XUVENIL NA QUE SE RECOMENDARA A LECTURA DE COA CARAUTA POSTA, DE CONCHA BLANCO E CARTAS A ELISA, DE SANTIAGO CASAL. PROGRAMA ADICADO TAMÉN Á FIGURA DE J.D. SALINGER.
12.00H
FEIRA XANTAR EN EXPOURENSE. PRESENTACIÓN DE O BARQUILLEIRO, VENDEDOR D'OLVIDO, DE MARTÍN ÁLVAREZ E MªCARMEN JIMÉNEZ.