26 de out. de 2012
Mañá percorremos Compostela ao son dos trobadores co libro O AMOR QUE EU LEVEI DE SANTIAGO
; 11.00h 1. PRAZA DE CERVANTES, lugar de encontro: BREVE INTRODUCIÓN SOBRE A LÍRICA TROBADORESCA: contexto histórico e sócio-cultural, principais xéneros, oralidade e transmissão escrita, música, língua, referencias a título e imaxes do libro O amor que eu levei de Santiago, etc. Breves alusións aos trobadores que alí tiveran casa (Osoiro Eanes e Airas Fernández Carpancho ) e comentario da cantiga con referencias a Santiago do segundo: "Por fazer romaria, pug'en meu coraçon...", de Airas Fernández Carpancho 2. R. DA MOEDA VELHA e S. MARTIÑO PINARIO. Breve comentario do trobador Joán Vázquez de Talaveira e da cantiga con referencia aqueles lugares: "Direi-vos ora que oí dizer". 3. PRAZA DA QUINTÁ. Breve alusión ás cantigas en que se menciona a peregrinación a Santiago, como a de Airas Núnez: "A Santiag' en romaria ven". 4. R. DO VILAR. Breve comentario do trobador Nuno Fernández de Torneol. 5. PORTA FAXEIRA. Lembranza de Airas Fernández Carpanho e de Afonos Eanes do Cotón. Breve comentario da cantiga "Abadessa, oí dizer" 6. ARCO DE MAZARELOS: Breve alusión a Pero da Ponte e lembranza dunha cantiga satírica con referencias ao viño (o viño do Ribeiro entraría en Compostela por esta porta): "Quen seu parente vendia...". Referencias ao SAR. Breve alusión a Joán Airas, "burgués de Santiago" e á cantiga del que menciona o Sar ("Pelo souto de Crexente”), así como a Pedro Amigo de Sevilha e á sua cantiga "Quando eu un dia fui en Compostela". 7. R. DO PREGUNTOIRO: Breve alusión a Juião Bolseiro e lembranza dunha cantiga que fala das cualidades literarias e musicais do trobador: ”Fez ũa cantiga d’amor...". 8. BONAVAL. Breve alusión a Bernal de Bonaval e ás cantigas onde ele menciona este lugar: "A Bonaval quer'eu, mia senhor, ir..." e "Diss'a fremosa en Bonaval assi...".
Cartafol aberto