22 de dec. de 2012

Olga Novo gaña o XII Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal


O xurado composto por Henrique Monteagudo, Clodio González, Xerardo AgraFoxo, Pedro G. Vidal e Antonio Rey concedeu o premio a Olga Novo polo seu traballo

Leda m' and' eu. Poética erótica medieval galaica: á procura da nosa intrahistoria, 

centrado nos textos líricos da escola trobadoresca, que aborda os contidos de xeito multidisciplinar, manexando instrumentos da historia social, do dereito e da antropoloxia histórica. Trátase dunha obra que busca coñecer a alma da Galicia medieval, enmarcada no Occidente europeo, por medio da súa concepción do mundo erótico e da realidade das súas prácticas. Analiza a historia da sexualidade desa época, a súa repercusión socio-política e mental, a oposición de xéneros nos diferentes grupos da poboación, a participación do pracer transgresor e das súas formas e códigos na cultura dun pobo, incluídas a marxinalidade e a obscenidade. Falamos dunha cultura de dobre moral, de intención relixiosa e controladora, que este estudo explica de maneira interdisciplinar, politemática, ampla e seria, pero detallada nas ideas (mesmo filosóficas) e documentada con especial precisión nos textos líricos galego-portugueses con toda a súa diversidade.

20 de dec. de 2012

XII Edición do Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal


O SÁBADO 22 DE DECEMBRO DE 2012, FALLARASE O
XII PREMIO DE HISTORIA MEDIEVAL DE GALIZA E PORTUGAL
O ACTO ONDE SE DARÁ(N) A COÑECER O(S) TRABALLO(S) GAÑADOR(ES) TERÁ LUGAR ÁS 12.30 NA CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE LOUSAME.
Consulta toda a información

ORDE DO DÍA
1.- Apertura: alcaldesa Sra. Dª Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame.
2.- Intervención do presidente do xurado Sr. D. Henrique Monteagudo, presidente do xurado.
3.- Comunicación do fallo medieante a lectura da acta por parte do secretario do xurado
4.- Intervención do premiado na edición 2011: Sr. D. Antonio Rey Somoza, premiado na edición 2011.

12 de dec. de 2012

Novidades Nadal


A saudade do caracol
Rubén Martínez Alonso


 Breizh
Miro Villar
limiar de Xosé María Lema
Prefacio de J. A. Pascoal


pedras de Plastilina
Moncho Iglesias
Limiar de Camilo Nogueira