O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

12 de out. de 2011

No sangue dos bardos


La librería Couceiro acogió la presentación de la obra poética completa del escritor Xosé Lois García, publicada por Toxosoutos. Dos volúmenes, Por ninguén aloumiñada y No sangue dos bardos, conforman la obra poética. Acompañaron al autor en la presentación Héitor Picallo, Uxío Novoneyra Rei y David G. Couso.

10 de out. de 2011

A POESÍA REUNIDA DE XOSÉ LOIS GARCÍA


O escritor chantadino Xosé Lois García presentará este mes en Monforte e Lugo un libro que recolle a prática totalidade da súa obra poética. O libro acaba de ser publicado pola editorial Toxosoutos en dous volumes que suman en total 735 páxinas. A primeira destas presentacións levarase a cabo o día 14 na galería Sargadelos de Lugo ás oito da tarde. En Monforte a obra será presentada o 18 co mesmo horario, tamén na galería Sargadelos. Previamente, o día 11, haberá outra presentación na librería Couceiro de Santiago, igualmente ás oito da tarde,

A obra recolle integramente 22 poemarios publicados por García entre 1972 e o 2009, desde Cancioneiro de Pero Bernal ata Poemas pornofálicos. A edición non inclúe outro libro de poemas, Petroglifia, dedicado aos gravados rupestres de Sober e publicado pola mesma editorial a finais do ano pasado. Esta obra, xunto con outros poemarios que o autor publique eventualmente a partir de agora, será incluída máis adiante nin terceiro volumen.

A edición recupera os prefacios redactados orixinalmente para algunhas destas obras polos escritores galegos Manuel María, Uxío Novoneyra, Basilio Losada, Xosé Luís Axeitos e Vicente Araguas, os portugueses Vergílio Alberto Vieira e Maria João Reynaud e o brasileiro Andytias Soares de Moura. O conxunto está encabezado por un extenso estudo sobre a obra poética de García a cargo do escritor e crítico quirogués Camilo Gómez Torres.

En tres idiomas

A maior parte da poesía de Xosé Lois García, como o resto da súa produción literaria -que ademais comprende obras ensaísticas, narrativas e teatrais e varias antoloxías e traducións- está escrita en galego, pero o autor chantadino tamén publicou en portugués os libros Labirinto incendiado, Sambizanga e África em sinfonia solar, que figuran igualmente nesta edición. O uso literario desta lingua está relacionado co intenso labor desenvolvido polo escritor chantadino como estudoso e divulgador das literaturas de expresión portuguesa.

A edición recolle por outro lado o único poemario publicado ata agora por García en catalán, Cruïlles de Sant Andreu de la Barca. O escritor, que reside desde hai moitos anos en Cataluña, publicou tamén numerosos estudos en catalán sobre a historia do municipio barcelonés de Sant Andreu de la Barca, onde é responsable do arquivo histórico local.


LER MÁIS