O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

18 de xul. de 2012

Xosé Alfredo Naz Fernández, Premio Avilés de Taramancos 2012 con O sorriso de Hitler




Os anos son lousas. Lousas que van construíndo o cadaleito que agarda. E no final, a vida só é unha presada de lembranzas. Iso é o único que nos queda aos vellos. Outros nin iso tiveron… Malditos aqueles que atentan contra ela! Malditos…

Nun conflito das dimensións da segunda guerra mundial onde o ser humando trocou en besta e o raciocinio foi esquecido tras un bigotiño mal cortado, a neutralidade e a moralidade son só palabras grandilocuentes sen sentido, varridas pola innata necesidade de supervivencia. Pero o pouso dos remorsos son refugallos imposibles de eliminar cando o horror nos fai partícipes…

28 de xuño de 2012

No vértice dos cervos para os lectores de Xosé Lois García

Editorial Toxosoutos agasalla coa merca da Poesía Completa (Por ninguén aloumiñada e No sangue dos bardos), de Xosé Lois García o poemario inédito No vértice dos cervos nunha entrega promocional que atoparás na túa libraría.