O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.
Amosando publicacións coa etiqueta DAVID G. COUSO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DAVID G. COUSO. Amosar todas as publicacións

26 de ago. de 2011

Rip Van Winkle, unha fábula do tempo en dous idiomas


14x16

145 páxinas

Limiar de Milagros Torrado Cespón

Tradución de David G. Couso

Ilustracións de Vault.

Edición bilingüe Inglés-Galego

Rip, un home de vida sinxela, un cheíñas temeroso da súa muller, vai ata a montaña onde é fascinado por un vello vestido de danés. Nin a Rip nin a Peter os enfeitizan unhas sereas coma as de Odiseo co seu belo canto, nin unha fermosa moura que custodia un tesouro: eles caen polo alcol que lles ofrecen un grupo de homes. Esta beberaxe fai que Rip teña a sensación de que durmiu unha noite, pero en realidade, son vinte anos os que se ausenta. O panorama que atopa cando volve é moi diferente ao que deixara: a colonia británica na que vivía é agora parte dos Estados Unidos de América.

Edicións bilingües en Toxosoutos

Séneca, Apocolocyntosis. A conversión do emperador Claudio en cabazo (latín-galego)

Virxilio, Bucólicas (latín-galego)

J. L. Caramés, A miña tía avoa Dolores e o Círculo dos Animais Excluídos (inglés-galego)

Obras da Literatura Universal en galego

Kate Chopin, O espertar

H. G. Wells, A máquina do tempo

Alexandre Dumas, A dama das Camelias

Marqués de Sade, Os crimes do amor

Flaubert, Bouvard e Pécuchet

Flaubert, A curmá Bette

Homero, Odisea

8 de xuño de 2011

«Piñor debe recuperar a Carmen Martín Gaite»


Hai anos que David González Couso (Ourense, 1978) centrou a atención informativa e dos investigadores polo seu libro Los perfiles gallegos de Carmen Martín Gaite. Logo desenvolveu outros traballos vencellados coa escritora (nacida en Salamanza en 1925 e finada en Madrid no 2000) e a súa última publicación, O fío da escritura, percorre a historia e a xenealoxía dos Gaite para reescribir a historia da familia e, en parte, de moitos dos acontecementos e dos episodios salientables de Ourense e outras partes de Galicia. González Couso é tamén o director de publicacións da editorial Toxosoutos.

-Toxosoutos creou unha liña editorial cunha denominación máis que evidente: Colección Esmorga ¿que motivou a elección do nome?

-Queríamos dárlle un sinal de identidade moi claro e unha aposta por novas propostas e iniciativas nesta colección. E ao mellor algo tivo que ver a conexión ourensá do comité que a promove, tendo en conta que están, entre outros, Fernández Naval, Ramón Caride, Jorge Emilio Bóveda e Xerardo Méndez.

-¿Que se vai ofrecer nesta liña da editora?

-Os contidos van ser moi diversos pero queremos que teña unha identidade como colección: autores clásicos, tamén da propia literatura galega, traballos filolóxicos, ensaio, narrativa, teatro e poesía. Unha sátira de Séneca é a nosa nova proposta.

-En «O fío da escritura» recupera a pegada de Carmen Martín Gaite, ao traverso da súa familia, en Ourense e en Galicia ¿queda aínda memoria viva da autora?

-Quedan familiares, curmáns da escritora, que aínda manteñen a memoria e lembranzas de Carmen Martín Gaite. Esas pegadas e o material que fun recollendo aparecen refrexados na miña obra.

-¿A asignatura pendente de Ourense é recuperar a memoria da autora?

-Queda traballo por facer, en Ourense algo menos é de forma salientable en Piñor. Neste tipo de iniciativas sempre hai reticencias, decisións políticas e outros aspectos. Con todo, Piñor debe recuperar a memoria de Carmen Martín Gaite.

-¿Cal sería a fórmula?

-Sería algo a concretar, mais é de xustiza facerlle un recoñecemento a escritora.

La Voz de Galicia, 8 xuño 2011