O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.
Amosando publicacións coa etiqueta RAMÓN CARIDE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RAMÓN CARIDE. Amosar todas as publicacións

23 de maio de 2013

25 anos de ledicia e libros. Ramón Caride, dando que ler.


Estou orgulloso de ter publicado dous libros –agardo que veñan máis axiña- en Toxosoutos. Coñecín esta editora hai xa ben anos, cando a publicación da estupenda novela “A torre no deserto” do meu amigo, grovense de San Vicente, Xoán Fuentes Castro. Aló foron dez anos, que se cumprirán en poucos meses. O tempo corre que rabea. Digo que daquela coñecín a editora porque naquela data, un San Xoán do 2003, precisamente estivemos aló físicamente, en Obre, por vez primeira,  con Manolo, o seu mecenas, co lembrado Pepe Agrelo, e moita xente marabillosa máis de Noia, compartindo todos conversas, viño do ribeiro e amor aos libros ben feitos. Xa coñecía de antes, e estimaba grandemente antes, a estupenda serie Keltia, a Seitura ou as súas pioneiras aportacións á nosa banda deseñada. Tamén as que viñeron despois e nas que tiven algo de parte, non sei se de arte tamén, con aportacións miñas e de moi entrañables amigos meus: Nume, Letra Inversa ou Esmorga… Non vou citalos a todos, nin aos traballadores de Sementeira, para non encher espazo de máis; non sendo a un amigo especial, David González Couso, sen o que moitos bos libros non terían visto a luz. É de xustiza recoñecer o seu traballo senlleiro, nestes tempos ingratos para a lírica –e mesmo para a épica-. Sen el o noso sistema literario seria infinitamente menos bio-diverso, e incomparablemente máis pobre tamén, menos de nós. Precisamos moitos editores coma este mozo de Ourense e do mundo.
ADIANTE, TOXOSOUTOS!!! Que a fervenza non pare polo menos noutros 25 anos!!! (e moitos máis que veñan)
© Ramón Caride

27 de set. de 2012

Nova entrega poética de Ramón Caride

O poeta ourensán amosa no seu libro A CHUVIA HUMANA certos conceptos formais nun temario sofisticado e estrito coque configura eses poemas sintéticos, cunha ovación expansiva que emite resplandores desa fusión entre o poeta pensante e o poema filosófico que nos fai entrar nunha fase metafísica de poemas resumen que nos ofrenda o seu creador: “Nunca/ o silencio/ redime”. Un poema que nos achega ao economicismo poético de Uxío Novoneyra. 

12 de abr. de 2012

Polos soutos da melancolía, por Román Raña


Estraño e diverso resulta este poemario de Ramón Caride Ogando (Cea,Ourense,1957),A chuvia humana, que parece formar círculo co seu libro inicial,Paisaxe de verde chuvia,no que ao título se refire.O que agora comentamos circula,nunha primeira parte,polas vías do haiku mostrando reverberacións reveladoras:“A chuvia domundo/non sabe/a quenmolla”,máis tamén polos carreiros do aforismo simpático: “O marketing/ vén sendo o lifting/das novidades/ou sexa: o dos remakes”; ou do epigrama filosófico:“
O amor e o sexo/non son sinónimos:/ non hai centro sen beiras”. Así decorren numerosas composicións deste breve volume, tratando temas diversos que,conxuntamente,
conforman un catálogo dos malestares íntimos do poeta, mais tamén da súa educación sentimental. Na segunda parte,“Pegadas
e ronseis”, atopamos os poemas de longo folgo e de maior expansión lírica.Deste xeito,o primeiro deles,“Ourense, 1967”,desafaba a saudade dos anos fuxidos:“Ourense,/néboa que rubía do Miño, sotanas e pedra gris.A nostalxia é unha trampa/para os que cobran a nómina/polosméritos do esquezo./Morriña do calendario/por un tempo que se foi/sen que nunca fora noso”.Así,entre os versos e as sentenzas, se tecen e destecen as palabras,ceibes polos soutos da melancolía.

6 de dec. de 2010

A prosa xornalística de Ramón Caride

Estos días también es novedad "O gume dos espellos", un libro en el que el ourensano afincado en Cambados Ramón Caride Ogando recopila una treintena de artículos publicados desde los años noventa en diversos medios de comunicación, entre ellos FARO.
El libro está publicado en la colección Nume de la editorial Toxosoutos, y recoge artículos sobre la lengua gallega, ecología, Ramón Cabanillas, música o literatura.

22 de nov. de 2010

O GUME DOS ESPELLOS


A libraría Ramón Couceiro de Santiago acolleu onte a presentación do libro O gume dos espellos , de Ramón Caride Ogando, unha escolma diversa de textos xornalísticos que ou escritor veu publicando en xornais como La Voz de Galicia. Ou autor confesou que ou labor de columnista resulta para o unha tarefa «atafegante», pois ao non ser xornalista cústalle moito ao non estar «afeito a traballar con prazos».

Ramón Caride comentou que «a prensa hoxe é moi plana, pois perdeu moita diversidade» e que hai «moi pouca opinión persoal». Por outra parte, considera que «todo é moi previsible ao confundirse unha columna de opinión coa liña editorial ou coa información tal como se quere ofrecer nese momento».

En canto a se é mellor formato a novela ou ou artigo de prensa, ou escritor confesou que non parásese niso. «Penso que a novela -engadiu- abomina dá actualidade. A min a novela que me interesa é a que se poida ler dentro de vinte anos, aínda que tamén ten que haber unha novela comercial».

LA VOZ DE GALICIA

22 de out. de 2010

VII Encontro de escritores e escritoras en Ourense

O próximo venres 22 e o sábado 23 de outubro terán lugar, no Liceo Recreo Ourensán, o VII Encontro de Escritores/as de Ourense, continuación dos Encontros iniciados polo Clube Alexandre Bóveda e que continuaron da man de Marcos Valcárcel e da Sección de Literatura do Liceo, nunha nova xeira na que Liceo, Gremio LiterAuria de Escritores, Libreiros e Editores, e a AELG, dan continuidade e reformulación aos Encontros neste ano 2010, coa colaboración, nesta ocasión, do Círculo Poético Ourensán. Todos os escritores ourensáns de residencia, adopción ou afección están especialmente convidados a participar nas actividades previstas, que inclúen un coloquio inaugural, unha sesión musical, a librería do encontro (cunha ampla selección de temáticas e autores ourensáns), a serie de “presentacións express” de libros editados en Ourense ou de temática ourensá editados no 2010, un mercado de manuscritos, a escritura, edición e posta á venda dun libro en 24 horas (Relato Express) en complicidade co público, e un recital poético onde o protagonista será Víctor Campio. Todo o programa pode ser consultado neste arquivo: Programa do VII Encontro de escritores-as de Ourense 2010.