O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

1 de abr. de 2011

Novidades abril 2011




















POESÍA

Ana Cibeira, Pintalabios

NOVELA
Rubén M. Alonso (1980) ano cero

INVESTIGACIÓN
María Elena Añel, Intervención nas aulas. O papel dos docentes de pedagoxía terapéutica

X Premio Historia Medieval de Galiza e Portugal

Primeiro Premio: Servos e escravos altomedievais no noroeste da Península Ibérica
Segundo Premio: Elementos de adorno altimediévicos em Portugal (Séculos V a VIII)

Na nosa páxina web obterás máis información sobre cada unha destas publicacións.

28 de mar. de 2011

Xosé Agrelo e O triángulo escaleno. Estrea en Noia


Despois dunhas intensas xornadas de actividades e conferencias, a Semana da Historia de Noia tocou ao seu fin o sábado pola noite coa homenaxe a Xosé Agrelo Hermo, a quen se dedicou a sexta edición desta convocatoria. O coliseo Noela serviu como escenario para o sentido recoñecemento que os noieses brindaron ao falecido escritor e dramaturgo.

De feito, foi precisamente a súa faceta teatral a que se destacou no acto celebrado o sábado, xa que se representou por primeira vez a obra póstuma de Agrelo, O triángulo escaleno.

Pero antes de que os actores da compañía Mutis subísense ao escenario para a función, a profesora Pili Sampedro e Xoán Manuel Fernández, director do grupo teatral, lembraron a figura do homenaxeado.

Este último repasou a súa relación co escritor e dedicoulle un dos seus contos, mentres que Sampedro repasou a historia teatral da vila noiesa e a obra de Agrelo. Concretamente, falou das súas creacións Noite de lobos, Metá e metá e O mestre. Tres textos que lle serviron para destacar a condición sinxela e popular do teatro de Agrelo, pero tamén o seu carácter profundo, ao tratar temas de calado social como a emigración ou a represión franquista.

Logo, chegou o momento de culminar a homenaxe coa posta en escena da que é a única obra teatral de Xosé Agrelo Hermo que nunca se representou, O triángulo escaleno.