26 de feb. de 2010
Acto literario con Alicia Díaz Balado sobre De cinza e cereixas
24 de feb. de 2010
Hoxe presentamos NOITE DE ENTROIDO e DEPÓSITO DE CADÁVERES
19 de feb. de 2010
18 de feb. de 2010
9 de feb. de 2010
5 de feb. de 2010
Algunhas imaxes na presentación de Ollos da memoria.
4 de feb. de 2010
Isaac Díaz Pardo en primeira persoa
Isaac Díaz Pardo e Montse Nieto, a autora do libro, onte na presentación na Libraría Couceiro
FOTO: Ramón Escuredo |
A obra, que se presentou onte na Libraría Couceiro, inclúe un DVD no que se indaga na "ollada crítica" dun dos homes máis "escorregadizos entre as grandes figuras do século XX galego", como salienta o escritor Tucho Calvo no limiar do libro. "A conversa deriva por momentos nunha maxistral clase de historia, pero Isaac non é só intelectualidade; hai nel un grandísimo espazo para o afectivo: amor pola Xustiza e a Liberdade, así con maiúsculas; amor polos seus, amor polas súas empresas, e, por suposto, amor por Galicia", apunta Montse Nieto. A xornalista repasa con Díaz Pardo as súas lembranzas máis persoais sobre a guerra civil, a pegada que deixaron nel amigos como Castelao, Dieste, Lorenzo Varela ou Seoane ("eran xente moi íntegra, moi sabia, e cun compromiso moral excepcional", asegura).
Pero tamén pon sobre a mesa o que o intelectual pensa sobre temas como a lingua, a economía ou a política galega.
O intelectual que naceu en Compostela en 1920 móstrase desconforme coa política lingüística da actual Xunta. Con todo, a situación do idioma galego é, ao seu ver, "un problema de educación e de concienciación. Unha pena, pero non hai nada que facer. Habería que recuperar a economía e a autonomía, pero en realidade os políticos saen moito nas fotografías, o cal distrae a súa atención, condicionándoos", comenta. Díaz Pardo tamén amosa a súa distancia coa Real Academia Galega.
"Creo que a RAG está equivocada no seu posicionamento, por non ter aberto o camiño cara a Portugal (...) O noso idioma quedou en Portugal aínda que hoxe tamén o teñen algo escarallado co castelán". Lembra que lle propuxeron varias veces ser académico pero "nunca quixen", dí. "Recoñezo que a Academia fixo un labor importante de defensa de Galicia. E é difícil cambiar o ritmo histórico".