O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

30 de nov. de 2011

Novidade da Serie Trivium


15x21

264 páxinas

Máis información aquí


“Galicia é probablemente unha das comunidades autónomas que conta cun maior volume de documentación conservada para o período medieval do noso país. Con todo, estes fondos non mereceron tanta atención como os doutras zonas, polo que o volume de documentación inédita é alto e o de documentación editada insuficiente, o que nos impide poder contar con toda a información histórica que se conservou así como realizar un estudo en profundidade da evolución dos tipos escrituarios na nosa terra.

Poder recompilar toda esta documentación nunha única publicación homoxénea dos documentos altomedievais galegos é unha tarefa inxente que se ha de facer paso a paso, contando coa dificultade da gran dispersión das fontes entre arquivos galegos, nacionais e estranxeiros, ademais das coleccións particulares. Este traballo pretende ser un primeiro paso que, unido ás coleccións diplomáticas dos principais mosteiros e catedrais galegas coas que xa contamos, tenta unificar a produción documental altomedieval da nosa terra. Un primeiro paso que recolle os pasos anteriores”.

16 de nov. de 2011

Guillerme Coen presentou onte en Compostela o seu último libro


O compostelán Guillerme Coen, administrativo en Novacaixagalicia e con 52 anos, presentou onte a súa segunda novela, Brais, editada por Toxosoutos, que ten como protagonista a un estudante de Filosofía e Letras da USC, orfo de pai e sen medios, quen intenta recuperar a súa xuventude roubada a través de variadas experiencias. A novela, segundo Guillerme, «gusta moitísimo, máis que nada pola fala, pois intentei empregar unha fala popular, porque é unha historia sinxela, e pola trama que conta, xa que hai un transfundo no que metín de todo, mostrando os problemas que hai hoxe en día». Aínda que non é unha historia real, o escritor aclara que Brais está inspirada por unha nova que leu nun xornal sobre un rapaz de Pobra do Caramiñal. «Poder xubilarme e dedicarme á literatura sería meu soño dourado», confesa Guillerme, que non se xubilou por tan so dous anos, e que leva catro asistindo a un taller literario en Vite.