O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

19 de feb. de 2010

9 de feb. de 2010

Isaac Díaz Pardo, Montse Nieto e David González Couso na presentación de Ollos da Memoria na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela

4 de feb. de 2010

Isaac Díaz Pardo en primeira persoa

Isaac Díaz Pardo e Montse Nieto, a autora do libro, onte na presentación na Libraría Couceiro FOTO: Ramón Escuredo
Isaac Díaz Pardo e Montse Nieto, a autora do libro, onte na presentación na Libraría Couceiro
FOTO: Ramón Escuredo















"Dicir que queren equilibrar o castelán ao galego é un xeito de encubrir que queren que desapareza o galego. Paréceme disparatado pero tamén coido que, a estas alturas, o mesmo Feijóo dáse de conta de que é unha estratexia equivocada". Así o afirma Isaac Díaz Pardo no libro que acaba de tirar do prelo Toxosoutos, Ollos da memoria, froito dunha serie de conversas que o intelectual mantivo coa xornalista compostelá Montse Nieto.

A obra, que se presentou onte na Libraría Couceiro, inclúe un DVD no que se indaga na "ollada crítica" dun dos homes máis "escorregadizos entre as grandes figuras do século XX galego", como salienta o escritor Tucho Calvo no limiar do libro. "A conversa deriva por momentos nunha maxistral clase de historia, pero Isaac non é só intelectualidade; hai nel un grandísimo espazo para o afectivo: amor pola Xustiza e a Liberdade, así con maiúsculas; amor polos seus, amor polas súas empresas, e, por suposto, amor por Galicia", apunta Montse Nieto. A xornalista repasa con Díaz Pardo as súas lembranzas máis persoais sobre a guerra civil, a pegada que deixaron nel amigos como Castelao, Dieste, Lorenzo Varela ou Seoane ("eran xente moi íntegra, moi sabia, e cun compromiso moral excepcional", asegura).

Pero tamén pon sobre a mesa o que o intelectual pensa sobre temas como a lingua, a economía ou a política galega.

O intelectual que naceu en Compostela en 1920 móstrase desconforme coa política lingüística da actual Xunta. Con todo, a situación do idioma galego é, ao seu ver, "un problema de educación e de concienciación. Unha pena, pero non hai nada que facer. Habería que recuperar a economía e a autonomía, pero en realidade os políticos saen moito nas fotografías, o cal distrae a súa atención, condicionándoos", comenta. Díaz Pardo tamén amosa a súa distancia coa Real Academia Galega.

"Creo que a RAG está equivocada no seu posicionamento, por non ter aberto o camiño cara a Portugal (...) O noso idioma quedou en Portugal aínda que hoxe tamén o teñen algo escarallado co castelán". Lembra que lle propuxeron varias veces ser académico pero "nunca quixen", dí. "Recoñezo que a Academia fixo un labor importante de defensa de Galicia. E é difícil cambiar o ritmo histórico".

A vida en palabras de Isaac Díaz Pardo

A vida en palabras de Isaac Díaz Pardo
MIGUEL MUÑIZ
Jueves , 04-02-10
Presentación de «Ollos da memoria»
A escritora Montse Nieto e o intelectual Isaac Díaz Pardo presentaron onte na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela o libro «Ollos da memoria. Conversas no Monxoi con Isaac Díaz Pardo», un volume que repasa a vida e a obra do creador do Laboratorio de Formas e impulsor do Grupo Sargadelos. Publicado na editorial Toxosoutos, o volume contén fotos, entre outros, do fotógrafo Martín Calviño.