O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

26 de out. de 2012

Mañá percorremos Compostela ao son dos trobadores co libro O AMOR QUE EU LEVEI DE SANTIAGO

;    11.00h      1. PRAZA DE CERVANTES, lugar de encontro:    BREVE INTRODUCIÓN SOBRE A LÍRICA TROBADORESCA: contexto histórico e sócio-cultural, principais xéneros, oralidade e transmissão escrita, música, língua, referencias a título e imaxes do libro O amor que eu levei de Santiago, etc.  Breves alusións aos trobadores que alí tiveran casa (Osoiro Eanes e Airas Fernández Carpancho ) e comentario da cantiga con referencias a Santiago do segundo: "Por fazer romaria, pug'en meu coraçon...", de Airas Fernández Carpancho  2. R. DA MOEDA VELHA e S. MARTIÑO PINARIO. Breve comentario do trobador Joán Vázquez de Talaveira e da cantiga con referencia aqueles lugares: "Direi-vos ora que oí dizer".       3. PRAZA DA QUINTÁ. Breve alusión ás cantigas en que se menciona a peregrinación a Santiago, como a de Airas Núnez: "A Santiag' en romaria ven".  4. R. DO VILAR. Breve comentario do trobador Nuno Fernández de Torneol.  5. PORTA FAXEIRA. Lembranza de Airas Fernández Carpanho e de Afonos Eanes do Cotón. Breve comentario da cantiga "Abadessa, oí dizer"  6. ARCO DE MAZARELOS: Breve alusión a Pero da Ponte e lembranza dunha cantiga satírica con referencias ao viño (o viño do Ribeiro entraría en Compostela por esta porta): "Quen seu parente vendia...".  Referencias ao SAR. Breve alusión a Joán Airas, "burgués de Santiago" e á cantiga del que menciona o Sar ("Pelo souto de Crexente”), así como a Pedro Amigo de Sevilha e á sua cantiga "Quando eu un dia fui en Compostela".  7. R. DO PREGUNTOIRO: Breve alusión a Juião Bolseiro e lembranza dunha cantiga que fala das cualidades literarias e musicais do trobador: ”Fez ũa cantiga d’amor...".  8. BONAVAL.  Breve alusión a Bernal de Bonaval e ás cantigas onde ele menciona este lugar: "A Bonaval quer'eu, mia senhor, ir..." e "Diss'a fremosa en Bonaval assi...".

24 de out. de 2012

PREMIOS PEDRÓN DE OURO / ROTEIRO LITERARIO


A Fundación Pedrón de Ouro, Editorial Toxosoutos e Libraría Couceiro teñen o pracer de convidalo á
Presentación do volume correspondente ás edicións 2010-2011 publicado por Toxosoutos o próximo


XOVES 25 DE OUTUBRO ás 19.45h
LIBRARÍA COUCEIRO (PRAZA DE CERVANTES, SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Interveñen:
Agustín Agra
Xosé Alfredo Naz
Amancio Liñares
David Otero
X. R. Fandiño

Haberá contacontos con
Celso F. Sanmartín

---------------------------------------------------------------------------

O SÁBADO 27:

ROTEIRO DA LÍRICA MEDIEVAL
GALEGO-PORTUGUESA
Guías: Yara Frateschi, Isabel Morán e J. A. Souto, autores do libro O amor que eu levei de Santiago
PROGRAMA CULTURA VIVA
27 DE  OUTUBRO ás 11.00 h
SAÍDA PRAZA DE CERVANTES (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
Organiza: Concello e Rede de Centros
Apoia: Deputación da Coruña
INSCRICIÓN
Sandra Quintana
981 528740

11 de out. de 2012

Inscríbete no Roteiro literario que terá lugar o día 27 de outubro


27 de outubro
11.00h
Saída da Praza de Cervantes
(Santiago de Compostela)

información e inscrición:
squintanar@santiagodecompostela.org