O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

30 de dec. de 2009

Un nadal galego

O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

O Apalpador

Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña

Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

cachela=plancha furada para asar as castañas
mega=cesta para apañar castañas e outros froitos secos
cemba
=parte elevada dunha montaña ou camiño

Para saber máis sobre as celebracións do nadal noutros lugares, os personaxes que traen agasallos aos nenos e a súas historias, preme na castaña máxica

O Apalpador

29 de dec. de 2009

A web de Uxío Novoneyra

Xusto hoxe, cando se cumpre o oitavo ano da súa morte, os amigos do poeta Uxío Novoneyra habilitan unha páxina web onde se reivindica o Día das Letras Galegas 2010, e pídese a adhesión de firmas para reforzar esta petición ante a Real Academia de Lingua Galega e para que o tempo non aprace a merecida homenaxe a un dos nosos máis insignes escritores da Galiza do século XX. O enderezo desta súa web é simple de memorizar: www.uxionovoneyra.com e nela podemos ver que esta web aínda está en plena evolución, dado que hai varios apartados do menú que aínda están por concluír. Mais o tema central desta páxina é a reivindicación e a acollida de adhesións, dous elementos esenciais e concluíntes que fican presentes nesta páxina.

Uxío Novoneyra foi o poeta das transcendencias dunha Galiza que el nos revelou desde o seu Caurel nativo, ao pór énfase nas diversas particularidades e esencias culturais da nosa nación que estaban remitindo. Toda esa carga humana e humanizante de Uxío é un apelo constante ás nosas conciencias de estar virados cara ás cousas simples, moitas veces desprezadas e que do seu silencio sae un profundo clamor. E aquí onde a súa poesía é núa e refrescante e na que se proclama o amor á nosa terra en tódalas súas variedades e dimensións.

Mais en Uxío Novoneyra atopamos esa Galiza sen barreiras e sen enxeños que lle poidan limitar os seus atributos, como un país estabilizado por unha cultura propia que se resiste a morrer estupidamente. Na súa obra máis elocuente, como son Os Eidos, o poeta non disimulou todas esas frecuencias mensaxeiras de que a propia terra desborda o seu clamor e o poeta foi capaz de captar a linguaxe natural que se perpetúa no "Caurel dos tesos cumes". E nesta dirección non falamos dun poeta estritamente popular que canta ás flores e a outros elementos bucólicos. Falamos dun Novoneyra metafísico, capaz de desvelar todo ese universo do seu microcosmos nativo.

Mais hai outro Uxío Novoneyra menos coñecido para o gran público ignorado, é o home que reivindicou o uso do noso idioma como vehículo transbordante de cara a normalizar a nosa nación sen estado. Lembro moi puntualmente aqueles seus discursos nas clausuras dos Galeuscat, cando el era presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cando concertaba aquelas reivindicacións da lingua galega e o valor que esta ten para recompor ese crebacabezas tan disperso de cada unha das pezas que constitúen a individualidade da nosa cultura. Neses incisivos discursos está a peza clave dun Novoneyra que nos leva ás raigañas dun problema que temos que erradicar, como é a renuncia a falar o noso idioma. Velaquí o esencial e, tamén, a premonición de que se deixásemos de falar a nosa propia lingua mutilaremos a nosa identidade como galegos. De Uxío Novoneyra fica moito por coñecer, desde o lado humano como do lado literario. Por iso é lexítimo que os seus amigos reivindiquen o Día das Letras Galegas para 2010, tendo en conta que sería o ano en que os debates, as clarividencias e as formulacións ao redor de Uxío Novoneyra acheguen, sen dúbida, esclarecer o dinamismo que el apuntou cara a esa Galiza convulsiva e irredenta e poder abrir ese enorme camiño por "terra liberada" desde o Caurel a Compostela.

Neste 30 de outubro, en que Uxío hai oito anos que pasou a outra transcendencia, a súa persoa e a súa obra están vivas e catapúltannos cara a esa envolvente espiral de exemplares exercicios que os galegos non podemos vulnerar. Os poetas na Galiza sempre foron os precursores en anunciarnos futuros sen perversión e denunciar os que hipotecaron ao noso pobo. Uxío Novoneyra é un dos nosos poetas máis implicados en fornecer esa conxuntura de reivindicacións ao denunciar temas moi puntuais de Galiza.

GALICIA HOXE

22 de dec. de 2009

Xosé Lois García, fillo adoptivo de Sant Andreu

O Pleno municipal de Sant Andreu da Barca, en Cataluña, aprobou por unanimidade -e a proposta do grupo de goberno- o nomeamento de Xosé Lois García como fillo adoptivo da cidade, ademais de cronista honorífico. O nomeamento prodúcese "como recoñecemento público polos méritos adquiridos como escritor e polo seu labor en favor da cultura popular de Sant Andreu da Barca". Ten publicado en Toxosoutos diversos libros de creación, entre os que destacamos os seus últimos Poemas pornofálicos, así como numerosas edicións de outros autores (Antoloxía dos poetas galegos en Cuba, etc.)

O ilímite de pensarte libre

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

21 de dec. de 2009

V NOITE DA EDICIÓN (AGE) EN OURENSE

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Dic. (EUROPA PRESS) -

Las editoriales gallegas celebrarán hoy día 19, a las 20.00 horas, la V Noite da Edición de Galicia, una gala con la que la asociación gallega de este sector pretende reunir a todos aquellos que trabajan en el ámbito del libro en la Comunidad para entregar los Premios de la Edición 2009.

El evento está patrocinado por el Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) y tendrá lugar en el Liceo de Ourense a las 20.00 horas. Presidido por el líder de la Asociación Galega de Editores, Alfonso García Sanmartín, el encuentro contará con la presencia de los conselleiros de Cultura e Turismo, Roberto Varela; y Educación, Xesús Vázquez, y con personalidades de la cultura.

En esta V Noite da Edición será homenajeada en el apartado de Edición Histórica la editorial Nova Galicia, que cumple un cuarto de siglo de vida. Además, el premio Francisco Fernández del Riego, que reconoce el trabajo realizado por una persona o colectivo en colaboración con el libro editado en Galicia, recayó en la empresa R.

Finalmente, los ganadores de los Premios da Edición 2009, en cada una de sus categorías, se sabrán durante la gala. En concreto, al Premio Ángel Casal al libro de ficción del año están nominados 'A Noite do Moucho', de Anxo A. Rei Ballesteros; 'A praia dos afogados', de Domingo Villar; 'Monte Louro', de Luís Rei Núñez; 'Sidecar', de Alberto Lema; 'Ás de bolboretas' y 'Sol de Inverno', de Rosa Aneiros; y 'O país das bestas', de Eva Moreda.

Asimismo, el premio Ánxel Casal al libro de no ficción cuenta como finalistas a 'A Cociña de Larpeiros', de Benigno Campos (Galaxia); 'O contencioso de Sargadelos. Isaac Díaz Pardo', de José M. Del Caño (Ediciones Linteo); 'Nacer', de Xulio Gutiérrez (Kalandraka); y 'Cartas de republicanos galegos', de Xesús Alonso Montero (Xerais).

POESÍA Y TEATRO

Al premio Ánxel Casal al libro de posesía o teatro 2009 optarán 'Pel de muller', de Asun Estévez (Ir Indo Edicións); 'Deter o día cunha flor', de Luz Pozo Garza (Baía Edicións); y 'Ciclo de Xúpiter', de Millán Picouto (Linteo).

Por su parte, los finalistas al premio Xosé Neira Vilas al libro infantil y juvenil 'Leocadio o león', de Oli (Xerais); 'A araña e máis eu', de Fran Alonso (Kalandraka Editora); y 'O contador de estrelas', de Santi Jaureguizar (Edicións Obradoiro).

Además, optarán al premio Lois Tobío al libro traducido 'O Museo da inocencia', traducido por Bartug Aykam y María Alonso Seisdedos (Galaxia); 'Negra sombra! Negra Sombra!', por María Fernández Rei (Edicións A Nosa Terra); 'Contos completos de Allan Poe', traducidos por Eva Almazán (Galaxia); 'A filla do filósofo', por Fernández Naval, López y Riveiro (Galaxia); 'A conxura dos necios', por Eva Almazán (Faktoría K de Libros); 'As flores do mal', traducido por Gonzalo Navaza (Galaxia); 'O diaño tamén sorrí', por Fernández Naval (Editorial Toxosoutos); 'Pan con Xamón', traducido por Eva Almazán (Faktoría K); 'A clase', por Xabier Senín (Xerais); y 'O derradeiro irmán', por Emma Lázare (Xerais).

El premio Isaac Díaz Pardo al libro ilustrado contará como finalistas a 'A peripecia de Roi', de David Pintor (Edicións Tambre); 'Nacer', de Nicolás Fernández (Faktoría K); y 'A grande viaxe', de Gabriel Pacheco (OQO Editora); mientras que el premio Xosé María Álvarez Blazquez al autor del año será bien para Xesús Alonso Montero, bien para Rosa Aneiros o bien para Xabier Docampo.

Finalmente, optan al premio Rosalía de Castro a la iniciativa editorial la campaña 'En galego, por que non?'; la campaña 'Os contos do Camiño', de OQO; y las 'Fotobiografías sonoras' de Ouvirmos.

Parada de Sil estrea un libro que resume a historia dos barquilleros ambulantes deste municipio

David G. Couso, Julio Jácome, Francisco Magide,
Martín Álvarez e Mª Carmen Jiménez
na Casa do Concello de Parada de Sil durante o acto de presentación do libro.

Dentro das profesións ambulantes que marcaron o rural galego, a dos afiadores, quincalleiros ou capadores son as máis coñecidas, pero non as únicas. Na zona da Ribeira Sacra ourensá ,e de forma especialmente relevante o Concello de Parada de Sil, moitos dos seus fillos saíron a gañarse a vida como barquilleros. O Concello de Parada leva anos empeñado en recuperar a memoria dese oficio tradicional - instalouse unha escultura na súa honra e fixéronse homenaxes a algún dos seus representantes aínda vivos-, e onte daba un novo paso coa presentación dun libro do que son autores o mestre cociñeiro e presidente da Asociación As Ortigas, Martín Álvarez e a súa compañeira Carmen Jiménez. Ambos recompilaron a historia de moitos deses profesionais que ata chegaron a gañarse o agarimo dos cidadáns doutras comunidades, como Ponferrada, onde hai unha estatua a Pepe Cortés. Pero ademais o libro O barquilleiro, vendedor d'olvido , publicado por TOXOSOUTOS, intenta tamén recuperar as receitas tradicionais e a importancia culinaria do barquillo orixinal fronte aos produtos industrializados.

18 de dec. de 2009

O barquilleiro, vendedor d'olvido


Mañá sábado ás 17,00h preséntase 0 libro de Martín Álvarez e Mª Carmen Jiménez O barquilleiro, vendedor d'olvido na Casa do Concello de Parada de Sil (Prov. de Ourense). Interveñen, ademais dos autores, o alcalde Francisco Magide e o editor David G. Couso.

FALLO DO IX PREMIO DE HISTORIA MEDIEVAL DE GALIZA E PORTUGAL EN MUROS

Domingos Dosil, izquierda, David González,
Carlos Barros e José Oreiro
durante o fallo do premio
O CORREO GALEGO INFORMA:

El escritor Suso Vila ganó el Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal 2009, que convocan las fundaciones comarcales de Muros y Noia y la editorial Tosoxoutos, con su obra A mecánica do linaxe no espazo medieval galego. A casa de Soutomaior (1147-1532). El fallo se dio a conocer ayer en un acto celebrado en la casa de cultura de Muros, presidido por el alcalde, Domingos Dosil, y al que asistieron el regidor de Carnota, José Oreiro; el director de Publicaciones de Toxosoutos, David González, y el profesor de Historia Medieval de la Universidad de Santiago Carlos Barros.

El premio, que se entregará el próximo mes de marzo, está dotado con 4.000 euros y una escultura diseñada por el artista noiés Alfonso Costa. El ganador se hizo merecedor de este galardón por una obra que gira sobre el linaje de los Soutomaior, que inició Hernán Eanes de Soutomaior, noble de la corte de Alfonso XI, y que tuvo su mayor apogeo en tiempos de Pedro Álvarez de Soutomaior, apodado Pedro Madruga.

El finalista de esta edición del certamen fue Ernesto Iglesias con As moedas medievais galegas: A circulación monetaria en Galicia ata o século XV.

16 de dec. de 2009

Galería de presentacións na Libraría Couceiro


O ilímite de pensarte libre
19 de novembro de 2009

Incivil
2 decembro 2009

4 de novembro de 2009
O Alzheimer en Galicia

14 de dec. de 2009

O barquilleiro, vendedor d'olvido

O sábado 19 de decembro, a Editorial Toxosoutos presenta na Casa do Concello de Parada de Sil o libro de Martín Álvarez e María del Carmen Paz O barquilleiro, vendedor d'olvido. O acto terá lugar ás cinco da tarde e contará coa presencia dos autores, Francisco Magide (alcalde), Antón Fidalgo Santamariña (antropólogo) e David G. Couso por parte da Editorial.

11 de dec. de 2009

Cartas a Elisa, oitava novela de Santiago Casal


A Santiago Casal (Compostela, 1958) le quedaba el género por excelencia de la literatura. Después de tocar todos los palos, con ensayos, guías turísticas, poesía, historia... el polivalente autor afincado en Mera (Oleiros) presenta su libro Cartas a Elisa , publicado por la editorial noiesa Toxosoutos.

-¿Quién escribe a Elisa?

-El protagonista es Xavier Arias y la novela se centra en su periplo vital, desde su etapa de la adolescencia, su ruptura con todo lo anterior, su época de estabilidad afectiva y un final en el que se trunca todo.

-Vaya, me ha descubierto el final.

-No tanto, no tanto, puede considerarse un final abierto. La novela está narrada en primera persona por un tipo que cuando tiene estabilidad parece muy normal pero que se derrumba ante los pormenores.

-Dicho eso disculpe la pregunta: ¿hay algo de autobiográfico?

-Prácticamente nada, si acaso algunos trasuntos de mi propia vida, pero no el esquema del personaje. Por cierto, el protagonista tiene una personalidad tan fuerte que por momentos me llevaba a mí y no yo a él.

-¿Qué autores han influido en su escritura?

-Principalmente los existencialistas, sobre todo Sartre y Camus, también algo de Kafka. Pero la novela no es nada pretenciosa, intento aportar personajes de nuestro mundo, un ambiente cotidiano, no un personaje extraño.

-En el último año se han prodigado las novelas de personajes depresivos, incluso suicidas. ¿Se puede hablar de un subgénero con la depresión como argumento?

-No creo que nazca como una tendencia, sino simplemente como un reflejo de la sociedad. En nuestros días hay poco tiempo para la introspección, la sociedad está enferma por exceso de tensión y los escritores lo reflejan.

-¿Es una novela epistolar?

-La carta es un pretexto del que arranca la verdadera novela.

-¿De qué vive Santiago Casal?

-Uf, de clases extraescolares, trabajos fotográficos, escribo bases para certámenes de convocatorias municipales, doy clases de tenis y pádel...

-Experiencias para una próxima novela.

-Lo próximo será un ensayo, pero no puedo decir de qué.

La Voz de Galicia, 8.11.2009

Guía actual da banda deseñada en Galicia


Malia que hai antecedentes puntuais previos, considérase que a historia da banda deseñada en Galicia arranca alá por 1973, cos traballos de xente como Xaquín Marín ou Raimundo Patiño. Dende entón, a chamada novena arte ten formado en Galicia unha completa xungla de editoriais, artistas, publicacións periódicas, salóns...Neste senso, Carlos Portela apunta que un dos motivos pode ser que as tiraxes son moi pequenas, rondando os mil exemplares. Así, opina que as editoriais ''pensan que para eses exemplares non vale a pena e os excedentes que lles deixa a BD xéranlles un problema''. De recente creación son as editoriais especializadas, como El Patito, que arroxan algo de luz, malia que de momento actúan a pequena escala e editan para librarías especializadas. Ademais, Portela sinala que ''o típico de calquera editorial é sacar un intento de Astérix, unha obsesión que non ten ningún sentido, ou historias de Galicia que son un coñazo''. Dende o punto de vista dos libreiros, Santiago Navia comenta que o cómic para adulto é un fenómeno bastante recente e por iso as editoriais comezan agora a ''velo como mercado fóra do infantil''. O catálogo de autores en activo, tanto en Galicia como no exterior, ronda o medio cento e só dende o 2005 saliron do prelo máis de 50 títulos das máis variadas temáticas. As editoriais son, precisamente, unha das principais esperanzas do sector, pese a que non manteñen unha aposta clara e decidida pola BD, o que se pode apreciar nos escasos títulos que inclúen nos seus catálogos. E a directora de El Patito asegura que é posible que as editoriais ''non vexan a banda deseñada como unha fonte de ingresos''. Con todo, algunhas editoras, como Toxosoutos, Faktoría K, Xerais ou Urco contan tamén con BD nos seus fondos.
Galiciaé.- R. Silva/O.Ucha. Nova

10 de dec. de 2009

Olladas dun intre de amor


Alberte Suras, poeta bergantiñán e cascarilleiro, segundo as súas propias palabras, vén de ver publicado o seu poemario Olladas dun intre deamor pola editorial Toxosoutos. Sen aínda entrar no contido dos versos, xa nos chama a atención pola súa edición curiosa e feituquiña alimentada polas ilustracións de Felipe Senén e o prólogo de Manuel María que se nos antollan complementarios e atinados para un volume destas características. Entrando xa en materia, dicirmos que este é un poemario de amor. Asolágao todo sen afogar. O sentimento exposto en mil formas e todas elas indo cara ao mesmo destino é a pulsión e a paixón reflectidas en versos sonoros, rítmicos, ondulantes e sinuosos da mellor poesía amatoria. Podemos buscar moitas influencias na poesía de Alberte Suras, mesmo se nos antolla fácil ver algo de Neruda, outro pouco de Manuel María, Bernardino Graña ou incluso Cunqueiro, autores que fixeron dos versos de amor insignia da súa poética; mais con recoñecer esta posibilidade non podemos deixar de subliñar a personalidade poética tan presente, tan evidente do poeta. O lector vaise deixar levar polas metáforas, imaxes e demais milagres literarios do autor. Non se pode ter a poesía de Suras como repetición ou mimetismo do xa feito. A súa poesía namora e fainos incondicionais dos que gustamos da boa literatura e a boa poesía. O poemario está estruturado en sete partes (número máxico), todas elas encabezadas cunha ilustración de Felipe Senén excepto as dúas seccións onde aparecen as odas. En cada unha das sección se nos van presentar diferentes claves deses diferentes camiños que van dar in e s c u s ablemente cara ao s e n t i m e n t o amoroso. Sen parar moito e resumindo os tópicos literarios que presenta o poeta, dicir que ao longo destas seccións o que predomina é a luz como símbolo de esperanza, de alegría de vivencia dun sentimento que está por riba de todo e que se debe de gozar fóra de desvaríos que non levan a ningunha parte. É pois, unha poesía vital. A experiencia amorosa non ten sombras se, como é o caso, se presenta sinceira. A luz necesaria para levar a vida, a necesidade do amor perenne que nos leva por vereas comúns cara a un futuro aínda mellor. Esta é unha interpretación posible da súa poesía. Por outra banda, preséntasenos a humidade como referente sensual e sexual, como simboloxía da manifestación eróticoamatoria e, por qué non, mística da relación entre o home e a muller que pode levar a un estadío moito máis elevado do que nos ofrece a cotianidade. A éxtase afectiva, o convencemento amatorio está presente nunhas Olladas dun intre de amor que son a forma de amarrar a felicidade para non deixala fuxir xamais nunca.

Héitor Mera, Faro da Cultura 10 .12.2009

9 de dec. de 2009

Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal 2009

A Editorial Toxosoutos, Fundación Comarcal Noia, Fundación Comarcal Muros e o Concello de Muros celebrarán o fallo do

PREMIO DE INVESTIGACIÓN DE HISTORIA MEDIEVAL
DE GALIZA E PORTUGAL 2009


o xoves 17 de decembro ás 13,00h na Casa de Cultura de Muros

«A dos irmandiños é a única revolta popular dos galegos contra as elites»


O profesor e historiador medieval da USC Carlos Barros presentou na Libraría Couceiro o seu libro, Torres, varas e demos. Os irmandiños da ría de Muros-Noia , publicado pola editorial Toxosoutos.

-¿Que recolle neste libro?

-Forma parte da principal liña de investigación que desenvolvo dende hai dúas décadas, que é a revolta irmandiña en Galicia. E agora estou facendo itinerarios locais, porque aparte de achegar o tema ás comarcas, mellora a visión do conxunto.

-¿Que aporta o de Muros-Noia?

-Nesta área é onde fixen o maior esforzo de investigación, que non é doado, porque as fontes son escasas. pero en 1469, no concello de Noia acordouse pedir a confirmación dos nomeamentos dos alcaldes a Fonseca, o vello, o que confirma a habilidade política dos líderes urbanos da revolta. E aparecen as varas de mando dos alcaldes, con frechas de besta pintadas, que simbolizan o movemento irmandiño, porque era coas que executaban aos delincuentes.

La Voz de Galicia 26.11.2009

4 de dec. de 2009

"A liberdade é unha libraría"

O poemario de Xoán Carlos Domínguez Alberte presentouse na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela o mércores 2 de decembro. Acompañaron ao autor o profesor e poeta Miro Villar, quen destacou a relevancia técnica e estrutural do libro así como a trascendencia da súa temática, e o editor David González Couso, que situou o poemario no contexto da memoria necesaria a través das vidas que gracias aos textos de Domínguez Alberte saen do anonimato setenta anos despois.

Ordearon calar
e fíxose silencio
por completo.

Durante moitos máis
de corenta anos
houbo que ter a boca pechada
coma os que quixeron mandar
ao esquecemento.
(...)

Para Iago Pérez, las «maiores barreiras» son «as das conciencias», la falta de sensibilización con las limitaciones que impone la discapacidad. Considera que si estas no existieran no existirían las físicas, como los bordillos en las aceras.

«As dos bordillos con cemento e hormigón arránxanse», dijo, y matizó: «Con isto non quero dicir que non haxa que loitar por unha cidade accesible, que o hai que facer, só digo que todo iso viría só se conseguisemos adquirir conciencia».

Tras dedicar su libro a su familia -sobre todo a su madre- y a alguien especial a quien eludió nombrar, reconoció la labor del profesorado que tuvo en el colegio, el instituto y la carrera: «Teño que dicir que nunca tiven ningún problema, todo o contrario.

Al finalizar el encuentro, Iago definió la actividad con los jóvenes como «moi enriquecedora»: «É algo novo para min porque nunca fixera actividades deste tipo. É un día moi bonito, encadrado no Día Internacional da Discapacidade».

La experiencia de Iago Pérez Santalla demuestra que «a utopía é o que realmente nos impulsa a seguir adiante, a convertir o imposible en realidade». Natural de la parroquia de Vilaxuste, en Portomarín, la parálisis cerebral que sufre no le impidió completar los estudios de primaria en el colegio de Portomarín, ESO y Bachillerato en el instituto de Monterroso y acudir a la Universidade da Coruña, donde se diplomó en Educación Social.

Además tiene un máster en Servicios Culturales y trabajó en Cogami. En estos momentos está preparando el doctorado en Humanidades en la facultad de Humanidades de Lugo. «Que nunca vos digan que non vades poder ser, eu quero loitar e vou loitar por ser o que me enche», ensalzó.

La Voz de Galicia 4-12-209

«Son Iago, teño parálise cerebral e non son un inútil, iso non existe»

«Todos, absolutamente todos temos habilidades, algo que nos diferencia dos demais, algo que facemos mellor cós demais». Este es uno de los numerosos mensajes de optimismo que trasladó ayer Iago Pérez Santalla (Portomarín, 1982) a los más de doscientos alumnos que participaron en la charla-coloquio que ofreció en el IES As Mercedes para presentar el libro que acaba de escribir: O ilímite de pensarte libre .

2 de dec. de 2009


Iago Santalla presenta na Facultade de Humanidades de Lugo o seu libro O ilímite de pensarte libre o xoves 3 de decembro ás sete da tarde. Como ben dixo Chus Nogueira na presentación do mesmo libro na Libraría Couceiro en Santiago de Compostela, as presentacións de Iago comezan a ser xa un acontecemento. Esta é a terceira vez que, esperamos co mesmo éxito de público, que Iago nos fala do interesante concepto do ilímite. Un texto máis que recomendado para saborear e aprehender a esencia da vida:

Iago Santalla bota embaixo no seu libro os límites individuais e colectivos coa maza da súa palabra, a mesma que abre buracos que nos permiten achegarnos a unha realidade descoñecida pola maioría de nós e, polo tanto, incomprensíbel. Abertos os vans, a maza deixa o seu sitio ao cicel co que o autor labra delicadamente o seu texto gravando por veces nel palabras de voces amadas, compañeiras na viaxe da vida. ‘O ilímite de pensarte libre’ é un libro singular de principio a fin, desde a pel e o título até a despedida, que invoca uns versos do poeta celanovés a xeito de bandeira: «A vida é un motor moi complicado / i a morte unha solemne imbecilidá». Biografía, crónica, narración, denuncia social e relato lírico mestúranse nunha obra viva que rebenta co seu latexar as costuras de calquera xénero. A súa lectura ofrécenos ademais un fermoso agasallo de sabedoría ao ensinarnos que «o único erro irreversible e sen retorno no que non podemos caer é o de negarnos a vivir». A sabedoría de quen descubriu que «cando o home foi capaz de soñar naceu o mundo».
Chus Nogueira, 25/07/2009 El Progreso

Un poemario incivil

Hoxe presentamos na libraría Couceiro de Santiago de Compostela (20.00h) o poemario de Xoán Carlos Domínguez Alberte titulado Incivil. Xesús Alonso Montero prologa o libro.