O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

25 de maio de 2012

Preséntase en Santiago un roteiro pola cidade a través da lírica medieval galego-portuguesa


29 DE MAIO - 20.00h

PRESENTACIÓN DO LIBRO

O amor que eu levei de Santiago.
Roteiro da lírica medieval galego-portuguesa.

Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, Santiago de Compostela)

Interveñen 


Isabel Morán 
J. António Souto Cabo
Mercedes Brea
Xosé Luís Couceiro
Xosé Luís Rodríguez


22 de maio de 2012

CANCELADO ATA NOVO AVISO O RECITAL DE OLGA NOVO NA LILA DE LILITH DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PREVISTO PARA MAÑÁ.


AXENDA

23 DE MAIO - 20.00h
Déixame ancorar
Libraría Trama (Av. da Coruña, 21, Lugo)
Acompaña a Yago Rodríguez o escritor Carlos Gegúndez

29 DE MAIO - 20.00h
O amor que eu levei de Santiago. Roteiro da lírica medieval galego-portuguesa.
Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, Santiago de Compostela). Acompañan aos autores Mercedes Brea, Xosé Luís Couceiro e Xosé Luís Rodríguez.

1 DE XUÑO - 20.00h
Os quilómetros que percorremos dende aquela
Centro Ágora
Rúa Ágora s/n, A Coruña
acompaña a Alberte Momán a poeta Verónica Martínez

15 de maio de 2012

Próxima publicación: Sinistra deixa, a nova novela de Isidro Novo


Unha herdanza inesperada é quen de provocar a loucura no seu accidental beneficiario nunha pequena vila como consecuencia dun ritual de maxia negra celebrado nos derradeiros momentos polo que fora propietario do deixado, burlado e asasinado polo seu amante. Exú non vai parar o proceso vingador ata que os bens do seu invocante volvan a mans lexítimas que porten o seu sangue. 

4 de maio de 2012

Grande aceptación de PALLAREGA, de Marcelino F. Mallo onte n' A Coruña


Cando un remata un libro, é como se o desinchasen, como se lle quitasen o ar que ata entón lle permitía vivir, incluso voar. Con Pallarega esta sorte de “síndrome” manifestouse en toda a súa magnitude. Durante semanas, pensei que o esforzo non pagaba a pena. Pero mentres eu me mantiña en tal hibernación emocional, o mundo seguía movéndose. E unha reportaxe amosaba un novo oficio que xurdira no Xapón tralo arrepiante terremoto con tsunami que sufriu este país hai dous anos. Son os reparadores da memoria, aqueles que van remexendo entre os refugallos das vilas e os cascallos das vivendas para atopar calquera rastro de imaxe identificable. Recompilan fotografías, sométenas a un proceso de restauración e ofrécenas ós damnificados. 
Daquela entendín que unha fotografía, igual ca unha novela, non eran senón testemuñas do pasado. Tamén a fición, si, pois a súa semente se atopa sempre na memoria. E nun pasado que dá orixe, e así pois explica, o presente. Un pasado que no caso de Pallarega se concentra na xeración dos nosos pais, esa sociedade admirable nacida entre os anos 20 e 30, que houberon medrar e, por tanto, formarse nunha contorna mutilante e dogmática, unha contorna dirixida a crear seres submisos e babecos, ignorantes e parviolos, incapaces de decidir por si mesmos e de explotar calquera sinal de talento que agochasen no seu interior. Iso fan as ditaduras ao cabo. Pois ben, esa xeración en Galicia, posiblemente noutras partes de España, demostrou unha valentía, unha capacidade de loita e resistencia, unha habilidade para o emprendemento, unha flexibilidade, unha iniciativa e un talento, que xa lles gustaría á xeración que a seguiu. Esta posiblemente sexa a razón última da existencia de Pallarega.