O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

30 de maio de 2011

Premio de relato de aventuras Avilés de Taramancos

Noia. La Casa da Cultura de Noia acogió ayer el fallo de la décima edición del concurso literario de relato de aventuras Avilés de Taramancos, al que este año se presentaron 14 obras.

El ganador fue el ribeirense Antonio Piñeiro, por la obra titulada A dama fulxente. El jurado, que estuvo formado por la periodista Vanesa Oliveira, la escritora Mercedes Queixas y la ganadora de la pasada edición, María Pérez, destacó de la obra su interés narrativo y su estilo.

El premio está dotado con tres mil euros, una escultura del artista local Alfonso Costa y la publicación del relato en la editorial Toxosoutos.

En el acto celebrado ayer para dar a conocer el fallo estuvieron presentes el edil de Cultura noiés, Lino García, y Xavier Castro (secretario del jurado).

EL CORREO GALLEGO

23 de maio de 2011

O Sombreiro de Merlín súmase ás homenaxes a Lois Pereiro

O programa literario de Radio Obradoiro, O Sombreiro de Merlín, xirou este sábado arredor da figura do homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. No espazo, que dirixe e conduce Alicia López, presentouse o libro “O negro leite da aurora”. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro". A obra, da que son coautores os escritores J.Luís Calvo e Carlos Gegúndez López, está editada por Toxosoutos.

O título é un verso de Paul Celan, ”Schwarze Milch der Frühe”, referente poético do noso poeta monfortino. Aparte do estudio da obra do poeta, o libro inclúe unha homenaxe poética dos seus amigos e compañeiros poetas e escritores das nosas letras actuais, baixo o epígrafe de “Lápidas”. A obra leva na súa portada un retrato de Lois feito polo fotógrafo Xosé Abad. O programa contou tamén cunha conversa telefónica cos autores do libro, que salientaron a importancia desta figura da escrita e do novo espazo poético que abríu nas nosas letras.

Además, durante o espazo emitíronse tamén dúas grabacións con recitados de Cortizas e Xurxo Souto, máis unha entrevista con este último durante os actos conmemorativos que tiveron lugar nos pasados días en Ferrol.

Podes seguir a actualidade de "O Sombreiro de Merlín no seu perfil de facebook

El Correo Gallego

19 de maio de 2011

O Pazo de Goiáns acolleu a I Romaría das Letras, onde Toxosoutos presentou O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro











(de esquerda a dereita)

Laíño, os autores (Carlos Gegúndez e Luís Calvo), González Couso e Deira na presentación.

"Revisión integral con vocación analítica e devoción confesa"
(Ramón Nicolás, La Voz de Galicia).

"Un libro de apaixonados seareiros que aporta biografía, bibliografía, imaxes e unha homenaxe en textos de poetas de diferentes xeracións"
(Diario de Ferrol).

"Un estudo que amosa as conexións do escritor coa tradición literaria europea e coas raíces populares"
(Marga Romero, Faro de Vigo).

"O libro remarca a influenza do rock vidroso e como a súa poética entronca perfectamente coa poesía romántica"
(Óscar Iglesias, El País)

Vixán


Nordesía, 24 de abril de 2011

3 de maio de 2011

Emerxencias dos Gaite galegos

Non é fácil descubrir e recompor unha saga familiar como a dos Gaite galegos, os antergos da escritora Carmen Martín Gaite. No oficio da indagación e de codificar andainas e diversos parámetros en que se moveu esta familia, asentada en San Lourenzo de Piñor, no concello ourensán de Barbadás, o filólogo David González Couso non decepciona o lector ao ofrecerlle esa exhaustiva revelación rigorosa e intelectual de varios membros desta familia, no libro titulado: O fío da escrita (Toxosoutos, 2010), cun cUrto e acertado prólogo desoutro filólogo, Claudio Rodríguez Fer. E xa eses fíos, non fiaños, agrandan a descuberta cando González Couso nos adentra nun relevante perfil humano e intelectual dos Gaite, para desembocar en Carmen Martín Gaite. Comezando polo prócer desta saga con presenza en Ourense, Joaquín Gaite Núñez, natural da Coruña onde naceu en 1820 e finou en Ourense en 1880. Catedrático de Xeografía no Instituto de Segunda Enseñanza. Un persoeiro moi activo nos medios xornalísticos da cidade das Burgas e fundador do xornal El Orensano.

Joaquín Gaite Núñez foi un pedagogo moi valorado nos círculos de ensino e un persoeiro moi puntual e activo no xornalismo local. Un home moi vinculado ao ideario krausista, no que resalta o papel do libre ensino no que respecta ás correntes racionalistas. O gran valor desta descuberta é que David González Couso espreme todos os resortes dunha investigación moi seria e contrastada.

Continuando arreo do fío condutor que nos tende este mozo filólogo, a súa descuberta sorprende nese rigor de estilo que propicia levarnos alén dunha noticia novidosa que, por circunstancias varias, ten para o lector un destaque cando se decata que non se trata dunha biografía dos Gaite, mesmo dun estudo moi personalizado en varios activos do que impón o propio pesquisador.

Un fillo de Joaquín, Francisco Javier Gaite Lloves, nado en Ourense en 1861, abo de Carmen, sorprende a súa figura senlleira por ter ese portento intelectual na Escola de Artes e Oficios de Ourense, recoñecido pedagogo así como o seu irmán Antonio, profesor de ciencias e fundador do Ateneo de Ourense. González Couso, en seus catro capítulos mais que introdutorios, pormenorizados, de O fío da escritura, confirma as prioridades de entrar noutra fase de comprensión vital e necesaria como son os textos facsimilares, que representan a outra parte científica dos Gaite, que se abren cun opúsculo de Joaquín Gaite, titulado: Método contra el Cólera-Morbo Epidémico, publicado en Cuenca en 1854. De Antonio Gaite Núñez, irmán do anterior, temos unha interesante aportación sobre as explotacións dos montes comunais, titulada: Consideraciones en defensa de los montes públicos de Galicia. Publicado en 1885, con diversas reflexións: "Remedios hay para mejorar los montes, aún sin necesidad de apelar á otra legislación que la vigente, ni imponer á los pueblos grandes sacrificios o privaciones."

De Francisco Javier Gaite Lloves, encontramos o título: Elementos de Geografía Astronomía y Física, publicado en Ourense en 1894. Ademais da achega científica con que configura cada un dos apartados, está a parte didáctica e toda aquela metodoloxía da Institución de Libre Enseñanza, potenciada por Krause e Francisco Giner de los Ríos, que tivo en Galiza a este Gaite, promotor de ideas e inventivas.

Aínda suxeitos a ese fío que nos tende David González Couso chegamos a Carmen Martín Gaite, que aínda que naceu fóra de San Lou- renzo de Piñor, visitou e conviviu co microcosmos nativo de seus predecesores e levou non poucas sensacións da paisaxe ourensán ás súas novelas. Todo ese fascinio da autora por Galiza, está portentosamente emancipado nos innumerábeis estudos de revelación de González Couso..

fonte