O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

27 de xul. de 2010

Os Barbanzóns, protagonistas da Feira Castrexa de Porto do Son


Os cativos gozaron posando como personaxes das aventuras d' Os Barbanzóns

Pepe Carreiro amosou a nenos e maiores o proceso creativo dos seus personaxes

Pepe Carreiro, creador d' Os Barbanzóns

Balcón disposto para o pregón da Feira castrexa

Os Barbanzóns, protagonistas da Feira Castrexa de Porto do Son

Presentación de Peito de lobo, cuarta aventura d'Os pequenos Barbanzóns, o venres 23 de xullo no Centro de interpretación Castro de Baroña.
De esquerda a dereita: David G. Couso, Xoán Pastor Rodríguez e Pepe Carreiro

máis imaxes en www.toxosoutos.com

20 de xul. de 2010

Encontro cos Barbanzóns en Porto do Son


Pepe Carreiro amósanos este venres o telón de fondo d'Os Barbanzóns. Vén e coñece aos nosos amigos este venres 23 de xullo ás 18,00 h no Centro de Interpretación Castro de Baroña, en Porto do Son. E o sábado e o domingo goza da festa cos nosos personaxes.
TARA
CON
GUINNESS
BRE
BAR
LERANKOS
SON
MINU
BAAL
BANZA
Vive en directo as súas aventuras.
Non faltes, agardámoste.

O cola-cao no diccionario


Alfonso Álvarez Cáccamo


¿Por qué o cola-cao non está no dicionario? Lingua galega e marcas rexistradas é o título dun excelente traballo lingüístico publicado na Editorial TOXOSOUTOS (Noia, 2010) escrito por Noemí Álvarez e María Rey, profesoras de Lingua e Literatura Galega, cun exclarecedor limiar da autoría de María Álvarez de la Granja, quen indica atinadamente unha constatación que se produce na dinámica das lenguas vivas (nas que as palabras nacen, se reproducen –v.g.: o substantivo femenino "oferta", neta do verbo "ofrecer", pariu o verbo ofertar– e morren) cando afirma que "os dicionarios sempre van un pasiño atrás da sociedade" e engade que "non é menos certo que palabras como velcro ou hula-hop poderían ter xa un oco nos dicionarios Galegos".
En efecto, os dicionarios escríbense con cautela. Vexo cabal que así sexa porque hai palabras que estiveron de moda pero tiveron unha efémera existencia, poño por exemplo os madelmans, figuras articuladas de gran éxito entre os rapaces dos anos setenta pero que desapareceron, substituidos polos playmóbiles dos anos oitenta que seguen, trinta anos despois, facendo as delicias dos nenos e nenas. O madelman non figurará xamais nos dicionarios porque non gozaron do tempo suficiente para o seu asentamento léxico pero si o farán os playmóbiles. O que non é comprensible é que determinadas marcas comerciais que levan lexicalizadas desde hai décadas aínda non figuren nos dicionarios, en todos os dicionarios: cola-cao, mecano, crómer, rimel, cláxon, futbolín, vaselina, nailon, neopreno, betadine, bollicao, coca-cola, barbie, duralex ou thermomix, por poñer uns poucos exemplos.
A dinámica que seguiron as autoras deste exhaustivo, serio e ameno traballo é o da análise dun determinada palabra, por exemplo ferodo, explicando a súa etimoloxía, a composición material do produto, pormenorizando en que dicionarios galegos aparece, se está recollido ou non no CORGA (Corpus de Referencia do Galego Actual) e cal é a súa utilización na fala habitual como marca registrada xa lexicalizada. Engaden, ademais, exemplos do seu uso por parte dos escritores/as nas súas obras.
Quizais un mozo de agora non entenda á primeira se lle dicimos que con esta chuvia hai que sair de casa co plexiglás ou cun puimadoro, ou que é complicado mover o hula-hop na cintura, pero entenderá axiña se lle digo que me gustan moito os donuts, moito máis ca os gusanitos que, como din as autoras, xamais deberán traducirse por "vermiños". O libro está impregnado de rigor e de amenidade.
Como modesta aportación indicarei que a palabra gramola debeu ser unha marca comercial, cantada por Carlitos Gardell no famoso encontro amoroso a media luz nun pisiño que puxera a construtora Marple (seguramente patrocinadora do disco) e no que había un gato de porcelana e "una Gramola (sic) que llora dulces tangos al amor". Así, con maiúscula, está escrita nunha partitura que conservo. Gramola, pois, sería unha marca, como Radiola, a filial de Philips.
Ao cabo, a proposta das autoras é a dinamización dos dicionarios coa inclusión destes termos comerciais xa lexicalizados e, como indica María Álvarez de la Granja, o establecemento duns criterios de estandarización ortográfica na Lingua Galega.
Esta obra de Noemí Álvarez e María Rey ocupará un lugar preferente na miña biblioteca porque me axudará no meu oficio de escritor. Un pracer a súa lectura para todos/as os que amamos do mundo das palabras.

1 de xul. de 2010