O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

3 de xan. de 2013

Miro Villar e Moncho Iglesias


     Miro Villar consegue con este Breizh, particularmente, volver interesarme polo xénero do haiku. Os seus poemas, exhibindo un dominio técnico extraordinario, destilan esencialismo, instantaneidade, sensibilidade, espiritualidade e reclaman lecturas suxestivas, golpes na conciencia máis alá do puramente paisaxístico, máis alá do escrito.  Ao meu ver, un volume no ronsel do gran Novoneyra e doutros poetas que transitaron polo xénero con gran fortuna. Talvez un dos grandes libros deste ano. Parabéns! (Ramón Nicolás. LER ARTIGO COMPLETO). // "Escribir en Palestina non é chorar/ é soñar que viviches sen entender qué soñaches" (LER ARTIGO COMPLETO SOBRE pedras de Plastilina, de Moncho Iglesias)