O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

27 de set. de 2012

Nova entrega poética de Ramón Caride

O poeta ourensán amosa no seu libro A CHUVIA HUMANA certos conceptos formais nun temario sofisticado e estrito coque configura eses poemas sintéticos, cunha ovación expansiva que emite resplandores desa fusión entre o poeta pensante e o poema filosófico que nos fai entrar nunha fase metafísica de poemas resumen que nos ofrenda o seu creador: “Nunca/ o silencio/ redime”. Un poema que nos achega ao economicismo poético de Uxío Novoneyra. 

5 de set. de 2012

NOVIDADES SETEMBRO

 Honoré de Balzac
O curmán Pons
Limiar e tradución de Ana María Galego Gen
Serie Esmorga Narrativa
305 pp.
978-84-15400-72-1
14 euros
OUTRAS TRADUCIÓNS DE BALZAC POR ANA MARÍA GALEGO EN TOXOSOUTOS


Certame de narración breve Modesto R. Figueiredo
Premios Pedrón de Ouro
Edición de Xosé Ramón Fandiño e David G. Couso
Serie Esmorga Narrativa
245 pp.
978-84-15400-55-4
14 euros