O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

29 de xan. de 2010

Domínguez Alberte: "Hay que empezar a llamar a las cosas por su nombre; la Guerra Civil fue incivil"


El escritor ourensano presenta hoy en Vigo un poemario que da voz a los que padecieron el drama y sus descendientes

A. MAULEÓN - VIGO Dar voz a aquellos que sufrieron el drama de la Guerra Civil en Galicia y también a sus hijos, es el objetivo con el que Xoán Carlos Domínguez Alberte (Escudeiros-Ramirás, 1966) ha escrito el poemario "Incivil" (editorial Toxosoutos), que hoy presenta en la Casa del Libro de Vigo acompañado de Xesús Alonso Montero, autor del prólogo.
"Propongo llamar a las cosas por su nombre; en Galicia no hubo guerra ni fue civil: fue una ocupación incivil", explica el autor, que en el poemario rescata numerosas historias de personas reales, la mayoría de la zona de Ourense, que desde niño escuchó en casa.
"Se trata de un libro escrito desde la perspectiva de los sufridores, gente común que vivió en su propia carne este drama entre 1936 y 1975, la guerra y la posguerra", apunta. "Quiero dar voz a toda una generación que no pudo hablar y también a sus hijos", añade.
En opinión de Domínguez Alberte –que ha realizado diversos trabajos sobre literatura gallega centrados en la Segunda República –los homenajes por el Año de la Memoria Histórica sucedidos en 2006 fueron muy emotivos pero llegaron "tarde", palabra que da título al primer poema del libro. "Los actos de desagravio eran imprescindibles, pero llegamos tarde porque muchos de los protagonistas de este drama han desaparecido, y aún queda mucho por hacer", considera.
Aunque los poemas parten de esos protagonistas reales cuyas historias acompañaron al escritor desde niño, "son símbolos universales que actualmente siguen luchando en cualquiera de los conflictos armados del mundo". Dedica el libro a todas las víctimas del franquismo en Galicia y también a su hija Minia, "por unha vida sin traumatismos nin pesadelos", refiriéndose a la manera que tenían de llamar a los asesinatos en los partes: "hemorragia cerebral". "El futuro es abierto, mi hija vive en una época de democracia que, aunque deja mucho que desear, no sufrirá los padecimientos de los protagonistas del libro", concluye.
Faro de Vigo, 29-01-10

28 de xan. de 2010

«Hai paralelismos entre os ritos do mundo clásico e os de hoxe»


Gañador do premio Avilés de Taramancos con Obotín da inmortalidade , o palmeirense Francisco Antonio Vidal Blanco escribiu ademais outros libros, e recentemente axudou á súa muller, Rosa Vizcaya, na obra Dous fastos ós festexos , editado por Toxosoutos.
-¿Que fai un home de ciencias na literatura?
-Tamén hai biólogos e etnógrafos cuxa obra literaria é máis coñecida que o seu propio traballo. A vida vaiche levando ao camiño da literatura ao querer transmitir as túas propias vivencias, porque moitas veces a afección á lectura faiche ser despois escritor. -¿Que transmite nos seus libros? -Escribín sobre a figura histórica de Manuel Murguía e tamén outros libros sobre a emigración, porque á miña escribir é algo que me encanta. -¿Cales son as súas mellores horas para escribir? -Ninguén ten un horario marcado para escribir, senón que é cuestión de organizar un pouco o tempo. -¿Como naceu o libro «Dous fastos ós festexos»? -Esta baseado nun libro de Ovido, onde analiza os festexos que se celebran en cada mes do ano, e do que só se conservan os seis primeiros meses. Nós tratamos de comparar a relixiosidade que había antes, e vimos que hai moitos paralelismos entre os ritos no mundo clásico e os de hoxe.

26 de xan. de 2010

pincha sobre a imaxe para visualizar correctamente a invitación

21 de xan. de 2010

O primeiro "sombreiro de Merlín"


O sombreiro de Merlín convida este sábado á Editorial Toxosoutos para presentar as súas máis recentes publicacións: o libro de Montse Nieto, Ollos da memoria. Conversas no Monxoi con Isaac Díaz Pardo, e Dos fastos ós festexos, de Francisco A. Vidal e Rosa Benigna Vizcaya. Ademais recomendarase de Os misteriosos camiños a Compostela, publicado na serie Keltia no ano 2000.
Interveñen:
Modesto López Sande, responsable do CSC "A Trisca"; Manuel Fernández Méndez, técnico da Concellería de Xuventude; Guillerme Coen, escritor; Morgana e David González Couso, dir. de publicacións de Toxosoutos.

20 de xan. de 2010

De fastos e festas

Arroupados por un nutrido grupo de veciños, familiares e amigos; Rosa Benigna Biscaia e Francisco A. Vidal presentaron no conservatorio ribeirense o seu libro Dous fatos ós festexos. Dous antigos mitos á relixiosidade galega . Os autores estiveron acompañados polo rexedor local, José Luis Torres Colomer ; polo secretario do Ateneo Vale-Inclán, Antonio Lijó ; e polo director de publicacións de Toxosoutos, David González Couso .
LA VOZ DE GALICIA, XOVES 21 DE XANEIRO, 2010

19 de xan. de 2010

Novoneyra

Tal día coma hoxe, 19 de xaneiro, nacía no Courel o poeta Uxío Novoneyra, a quen van adicadas este ano as Letras Galegas.

SE o pasado é pasado
i o presente é o urgente
por qué inda busca a xente
aquil soño clausurado?

Vido visto ben Santiago
i esa cuestión non resolta
fago camiño de volta
camiño de volta fago.

Camiño de volta fago
volvo do cabo do Mundo.
Terra sólo en ti me fundo:
é a certeza que trago.

18 de xan. de 2010

Herdanza de ritos e misterios

Toda unha confabulación barbancesa fixo posible a edición do libro Dos fastos ós festexos. Dos antigos mitos á relixiosidade galega que se presentou antonte pola noite en Ribeira. No volume xuntouse o traballo conxunto do matrimonio integrado por Rosa Benigna Vizcaya e Francisco Antón Vidal, ambos os dous ribeirenses, e a sempre meritoria e digna colaboración da editorial Toxosoutos cos creadores da bisbarra, que editou a obra na serie Keltia. O obxecto do encontro no salón de actos do conservatorio municipal foi dar a coñecer un excelente ensaio que demostra con feitos que a práctica totalidade dos costumes actuais e mesmo as crenzas son herdanzas de tempos inmemoriais, que mesmo se mantiveron vivas de relixión en relixión, iso si, cambiando as figuras dos deuses polas dos santos, e ata separadas por asombrosas distancias que levan a concluír que o mundo tampouco era tan grande cando non había medios de comunicación coma os de hoxe.
Baixo o amparo do Ateneo Vale-Inclán, representado polo secretario, Antonio Lijó; a colaboración do Concello de Ribeira, co seu alcalde, José Luis Torres á fronte; o respaldo da editorial Toxosoutos, que contou coa asistencia do seu director de publicacións, David González Couso, e un bo feixe de familiares e amigos dos autores, Benigna Vizcaya e Francisco Vidal deron a coñecer detalles dun traballo de varios anos de investigación que serve para entender os costumes máis arraigados na nosa sociedade, e tamén para deducir que as formas de vivir a relixión, por exemplo, non son exclusiva dunha determinada igrexa senón prácticas que foron pasando de século en século e aínda hoxe son semellantes coas antigas e ata coas doutras culturas.
Tucho Lijó dixo que o libro lle lembraba outro que lera hai tempo, Out of the flames (Rescatado do lume), que, ao igual que o que se presentaba, foi escrito por un matrimonio, naquel caso o formado por Lawrence e Nancy Golsdtone, sobre a historia dun escolar que non era outro que Miguel Servet, que, condenado por Calvino, acabou na fogueira por ter descuberto a dobre circulación do sangue, o que levou a Lijó a deducir que Servet tiña a razón.
David González falou da vinculación que Francisco Antón Vidal ten coa editorial, que publicou as súas obras Manuel Murguía , A luz da eclipse , Ollos de anxo da morte , A derradeira decisión , O botín da inmortalidade ou Os chanzos da escada . Do libro, sinalou que se centra da herdanza de ritos e tradicións e que xa espertara o interese de Pepe Agrelo, o malogrado director, hai anos. Tamén valorou especialmente a decisiva contribución de Rosa Benigna Vizcaya ao ensaio que se presentaba.
Especialmente orgulloso amosouse ou alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, pois os autores son paisanos. Asegurou que tivo a oportunidade de ler o libro e recomendou aos presentes que non dubidaran en facer o mesmo, porque tratar dun traballo moi profundo de investigación que axuda a entender moitos dos costumes e crenzas da sociedade galega, en xeral, e a ribeirense en particular.
Moncho Ares, La Voz de Galicia, 17.01.10

12 de xan. de 2010

Novo título da serie KELTIA: Dos fastos ós festexos. Dos antigos mitos á relixiosidade galega


A Editorial Toxosoutos, o Ateneo Valle-Inclán de Ribeira e o Concello de Ribeira organizan a presentación do libro Dos fastos ós festexos. Dos antigos mitos á relixiosidade galega, de Rosa Benigna Vizcaya e Francisco A. Vidal.
VENRES 15 DE XANEIRO NO SALÓN DE ACTOS DO CONSERVATORIO MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBEIRA, ÁS 20.30H.

11 de xan. de 2010

Ollos da memoria. Conversas no Monxoi con Isaac Díaz Pardo



Toxosoutos publica unha longa entrevista de Montse Nieto a Isaac Díaz Pardo onde se fai un percorrido pola traxectoria desta figura fundamental da cultura galega. O libro contén un completo album fotográfico e un DVD documental.