O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

29 de dec. de 2011

O Cráter de Olga Novo


A súa obra poética e ensaística está marcada por unha profunda conexión co surrealismo como filosofía vital asentada no amor, na liberdade e na beleza. O espírito libertario, a procura da paixón e a intensidade, a sensualidade e un erotismo de raizame telúrica e apertura cósmica informan a linguaxe desta poeta do desbordamento.


Este libro contén unha serie de emanacións vitais que, coma no caso dos síntomas volcánicos, constitúen formacións de cinsa, pedra, lava e rocha metamórfica. A “Cinsa”, escrita entre o ano 2004 e o 2010, poetiza o abandono do mundo rural galego e o seu resistente corazón residual, en loita contra o esquezo e o desleixo, e tentando sempre integrar a morte na vida e a vida na morte. A “Pedra” foi experimentada como sentimento megalítico a través dunha vida vivida en Bretaña, onde precisamente se escribiu o texto, en Roazhon, en abril do ano 2005. A “Lava” foi soñada desde a infancia no misterio de Pompeia, a onde viaxei en febreiro do ano 2009, na procura do magma, ó encontro do enigma da beleza e do amor. A “Rocha metamórfica” quere petrificar salvaxemente a linguaxe de Eros, na celebración carnal antiplatónica.

18 de dec. de 2011

Un traballo sobre a lírica galego-portuguesa gaña o Premio de Historia Medieval


Cumprindo coa tradición instaurada cando se crearon os galardóns, onte, 17 de decembro, deuse a coñecer o título da obra gañadora da undécima edición do Premio de Historia Medieval de Galicia. Nesta ocasión, o traballo elixido polo xurado trata a lírica galego-portuguesa e está escrito por un vigués.

A casa de cultura de Noia foi o escenario no que o xurado, presidido por Henrique Monteagudo e composto por Xerardo Agrafoxo Pérez, Clodio González Pérez, Pedro García Vidal e Marcos Fernández Ferreiro, deu a coñecer a obra galardoada con este premio que se concede anualmente. A nobreza na poesía lírica galego-portuguesa é o título dun traballo escrito por Antonio Rey Somoza, filólogo afincado en Santiago, no que se explora a información que ofrece sobre a época o cancioneiro trobadoresco galego-portugués e as Cantigas de Santa María de Alfonso X o Sabio.

O xurado destacou, tras facer pública a súa decisión, o carácter interdisciplinar da obra gañadora «ao mostrar a utilidade da exploración dos textos literarios como fonte de información histórica». Neste sentido, subliñan os datos obtidos sobre o modo de vida nobiliaria, a rigorosa estratificación da sociedade, os ideais e actitudes da nobreza e a relixiosidade.

Principios de ano

En canto á entrega do Premio de Historia Medieval de Galicia, organizado pola editorial Toxosoutos e os concellos de Noia, Muros, Outes, Porto do Son, Lousame e Carnota, terá lugar no primeiro trimestre do vindeiro ano. A data está por concretar porque, antes dese acto, debe editarse a obra gañadora, pero a previsión é que Antonio Rey poida recoller o galardón entre finais de febreiro e comezos de marzo.

La Voz de Galicia

30 de nov. de 2011

Novidade da Serie Trivium


15x21

264 páxinas

Máis información aquí


“Galicia é probablemente unha das comunidades autónomas que conta cun maior volume de documentación conservada para o período medieval do noso país. Con todo, estes fondos non mereceron tanta atención como os doutras zonas, polo que o volume de documentación inédita é alto e o de documentación editada insuficiente, o que nos impide poder contar con toda a información histórica que se conservou así como realizar un estudo en profundidade da evolución dos tipos escrituarios na nosa terra.

Poder recompilar toda esta documentación nunha única publicación homoxénea dos documentos altomedievais galegos é unha tarefa inxente que se ha de facer paso a paso, contando coa dificultade da gran dispersión das fontes entre arquivos galegos, nacionais e estranxeiros, ademais das coleccións particulares. Este traballo pretende ser un primeiro paso que, unido ás coleccións diplomáticas dos principais mosteiros e catedrais galegas coas que xa contamos, tenta unificar a produción documental altomedieval da nosa terra. Un primeiro paso que recolle os pasos anteriores”.

16 de nov. de 2011

Guillerme Coen presentou onte en Compostela o seu último libro


O compostelán Guillerme Coen, administrativo en Novacaixagalicia e con 52 anos, presentou onte a súa segunda novela, Brais, editada por Toxosoutos, que ten como protagonista a un estudante de Filosofía e Letras da USC, orfo de pai e sen medios, quen intenta recuperar a súa xuventude roubada a través de variadas experiencias. A novela, segundo Guillerme, «gusta moitísimo, máis que nada pola fala, pois intentei empregar unha fala popular, porque é unha historia sinxela, e pola trama que conta, xa que hai un transfundo no que metín de todo, mostrando os problemas que hai hoxe en día». Aínda que non é unha historia real, o escritor aclara que Brais está inspirada por unha nova que leu nun xornal sobre un rapaz de Pobra do Caramiñal. «Poder xubilarme e dedicarme á literatura sería meu soño dourado», confesa Guillerme, que non se xubilou por tan so dous anos, e que leva catro asistindo a un taller literario en Vite.

28 de out. de 2011

A literatura hai dous mil anos, por Daniel Salgado

A literatura clásica continúa a emitir sinais descifrábeis no tempo en que o capital non dá recuperado a taxa de gaño. Hai dous mil, tres mil anos, que Publio Virxilio Marón redactaba un poema, a cuarta bucólica, practicamente contemporáneo: "Xa chega o final dos tempos que Sibila agoirara / Un grande ciclo de séculos de novo comeza". E se Virxilio, aquel que guiou a Dante polo inferno, ecoa de novo en galego, é grazas ao labor de tradución de Xoán Fuentes Castro. O poeta escribiu as Bucólicas en latín 50 anos antes de que Xesucristo entrase no escenario da historia e agora, na edición que Toxosoutos vén de enviar ás librarías, conforman o último episodio do trasvase entre as letras grecolatinas do mundo antigo e o galego actual. Castro (O Grove, 1932) escapa do funcionalismo. "Ás veces fanse cousas que non son necesarias, pero que nos dan unha visión diferente da vida, do que fomos e do que puidemos ser", expón. El, que xa pasou ao galego o Lingüística e colonialismo de Louis-Jean Calvet ou o Tractatus de Wittgenstein, confesa que si, que ama a Virxilio -de próxima publicación é a súa versión da Eneida e xa comezou coas Xeórxicas- pero que, porén, non o considera "o pai de Occidente". Si unha figura esencial na "configuración moral" de Europa. Tan esencial que o profesor Xosé Antón López Silva tamén ultima a súa traslación da Eneida e as traducións parciais ao galego do poeta campesiño sucedéronse dende que, en 1898, Florencio Vaamonde Lores abriu a billa. "No meu labor de tradución tamén hai o aspecto de ser galego", xustifica Fuentes Castro, "porque, ademais, non hai tradución sistematica á nosa lingua". Co punto morto ao que chegou a colección Clásicos en Galego, titelada polo latinista Manuel Díaz y Díaz (1924-2008) e partillada pola Xunta e a editorial Galaxia, ninguén se ocupa de reinterpretar para o galego o susbtrato da cultura occidental. "En calquera outro país, proliferan as traducións de clásicos", explica a profesora da Universidade de Santiago Helena de Carlos (Cenlle, 1964). Mesmo en linguas sen Estado que as ampare: a serie Bernat Metge, fundada por Francesc Cambó, leva dende 1923 acollendo as versións catalás dos escritores da Grecia antiga e da Roma imperial. "En España, a situación só comezou a variar coas edicións de Gredos, que sobre todo son valiosas pola súa gran amplitude de textos", engade.

LE MÁIS NO DIARIO EL PAÍS

Maximino Cacheiro: "Frankenstein ten erótica"

«A Bela e a Besta é amor e sexo», explica Maximino Cacheiro, autor de Contos de paixón erótica (Toxosoutos), mentres le en clave húmida o encontro entre os dous personaxes do conto infantil. O profesor da Universidade de Vigo recolleu fragmentos de autores clásicos da literatura europea para confeccionar unha antoloxía do erotismo. «É unha antoloxía de textos clásicos reescrita, é dicir, é a primeira antoloxía da literatura occidental de textos eróticos escrita en lingua galega, na que aparecen desde Homero a Val-Inclán, pasando por William Shakespeare, Franz Kafka ou Marcel Proust», engade o escritor.

O profesor de Literatura opina que a época do erotismo por antonomasia foi o século XVIII, «o francés», puntualiza. Aínda que tampouco quere esquecerse da Grecia clásica e toda a súa lea de deuses e amantes. Era e Zeus, Safo ou Albicíades marcan o inicio dun percorrido que non dá as costas a clásicos españois como A Celestina, ou referencias inevitables á literatura de terror. «Frankenstein ten erótica, claro que isto hai que lelo», explica moi convencido o profesor vigués. Tanto como o galego Ramón María do Val-Inclán: «A nena chole é un conto que rezuma erotismo; é a entrega ao marqués de Bradomín. Valei-Inclán é sumamente erótico», sinala Maximino Cacheiro.

Trátase de reescribir temas e motivos eróticos paradigmáticos da evolución da literatura erótica occidental, de tal forma que sexa unha antoloxía de mitos eróticos modernizados.

«Historias dá Boule d?or»

As apaixonantes noites de faladoiro ao redor de Agustín García Calvo, no París dos españois exiliados súmase á antoloxía erótica nas anexo Historias dá Boule d?or. Trátase dunha serie de contos inspirados en varios personaxes que pululaban ao redor do faladoiro fundado por Agustín García Calvo no barrio latino de París.

«O faladoiro celebrábase en horario nocturno no café Boule d?or, hoxe xa desaparecido. Agustín García Calvo, aglutinador de vontades e intelectual, presidía máis ou menos aquelas reunións, que foron un referente mítico entre os progresistas radicais nos últimos momentos do franquismo», afirma Cacheiro Varela, testemuña forzosa daquela época

O profesor viuse obrigado a exiliarse en 1967 por motivos políticos, unha situación que se prolongou até 1976 en París e que tivo a súa continuación, outro sete anos, en Venezuela. «Era frecuente que os participantes intercambiasen experiencias existenciais, estimuladas de cando en vez por algunha herba máxica. Era un tótum revolútum de exiliados, marxinais, emigrantes, aventureiros de variado sentir e pensar, que vivían a modernidade máis ou menos antisistema española e francesa, ou mellor devandito, universal», afirma. Algúns daqueles clientes da Boule son Rafael Sánchez Ferlosio, o seu irmán Rizo, Fernando Savater, Félix de Azúa, Víctor Gómez Pin ou Javier Etxeverría.

«Quero renderlles homenaxe a todos eles sen outra pretensión que a de deleitar e revivir unha parte afectiva da memoria. Foi unha movida antes da movida, aquí chegou no oitenta cando nós xa a tiñamos no setenta», lembra.

O profesor aclara que «son personaxes máis ou menos reais», para concluír: «Dentro do malo que é un exilio, aquilo foi unha liberación persoal porque viviamos en liberdade».

Na Sonata de estío, o marqués de Bradomín coñece á nena chole.

Frankenstein tampouco se resiste ao erotismo.

Un dos contos titúlase Tálamo con Era e Zeus.

«Vivimos en Francia unha movida antes da movida en España»

26 de out. de 2011

Novidade editorial: Guillerme Coen publica a súa última novela


Guillerme Coen
Brais
Serie Nume
13x21cm
13 euros
175 páxinas
------------------------------------------------------
Unha novela sublime, equilibrada, sedutora, que ofrece acubillo as máis retortas paixóns da alma humana nunha época tan difícil para a mocidade galega como para o resto do mundo.

Guillerme Coen é un escritor coa forza extraordinaria dos mestres narradores. Tratou cunha admirable consistencia o gran tema da xuventude actual: á busca da propia identidade. Unha novela admirable e ateigada de maxia dende a primeira ata a derradeira páxina.

Personaxes ben construídos, situacións ao límite, a prosa de Guillerme Coen baixo o dominio total da fala popular. Unha obra mestra. Este personaxe de Brais reflicte o mundo actual deses milleiros de mozos galegos, que son testemuñas da destrución do seu hábitat sen lle poñer freo. Unha prosa fluída e unha trama perfectamente construída. Recomendable ao 100 %. Un magnífico escenario, secretas paixóns, unha novela completa e intelixente que deixa no padal un degusto acedo cara a mocidade galega... como a color exacta dos tempos que estamos a vivir.

Despois de A calor dun niño, unha obra máxica e de gran repercusión social, Guillerme Coen presenta este relato vibrante, cuns personaxes ben construídos que andan á procura de respostas durante toda a trama, e deambulan senlleiros pola cidade vella de Santiago de Compostela ata que atopan explicación na vila d’ A Pobra do Caramiñal. O protagonista Brais, que da título ao libro, é un estudante de Filosofía e Letras da USC, orfo de pai e sen medios, que está a recuperar a súa xuventude roubada a través das máis variadas experiencias, tanto activas como pasivas, entre as variadas tribos sociais coas que se atopa. Namórase de Alexia, unha antiga veciña e compañeira de clases, pero isto non fai máis que complicarlle a situación porque a moza agocha un segredo familiar que lle afecta de cheo. Ambos loitaran ata acadar a verdade do acontecido na desaparición do pai de Brais, mentres transforman os seus sentimentos a través do coñecemento e as situacións dunhas vidas que están a transformalos nuns verdadeiros adultos cos seus problemas, angueiras, pesadelos...

Brais amosa unha lúcida visión da mocidade galega, agresiva e de lectura compulsiva que constrúe un perfecto retrato da supervivencia humana. Guillerme Coen emprega unha escrita soberbia e investida dun vocabulario ben marcado na nosa fala.

“Personaxes perfectamente combinados, situacións ao límite, brillante estrutura narrativa, a prosa fluída de Guillerme Coen baixo o dominio total da nosa fala. Unha obra mestra”

Manuel Gil (El Correo Gallego)

“Unha espléndida novela de iniciación, onde os escenarios e as emocións marcan un ritmo elocuente para os auténticos protagonistas do libro: o vocabulario e a fala popular. Unha obra impecable, tanto na solvencia do argumento como no desenlace final”

Euloxio R. Ruibal (escritor e académico)

20 de out. de 2011

«Hai que recuperar a memoria histórica»


Como escritor, Vicente Piñeiro González viene últimamente centrando su actividad literaria en la recuperación para la memoria histórica de vidas brutalmente cercenadas por el fascismo. Un ejemplo de ello es su última novela, ayer presentada en la Librería Couceiro, y titulada Asasinos, asasinos, asasinos!. Un título muy significativo, porque estas fueron las últimas palabras de Juana Capdevielle, mujer de Francisco Carballo, gobernador civil en A Coruña en 1936, antes de que los falangistas la balearan después de violarla y rajarle los pechos, acabando así con su vida y la de la criatura que llevaba dentro. La novela, aclara Vicente, «está escrita como un monólogo interior de Juana, na que ela repasa a súa vida enteira». El novelista es de los que piensan que «hay que recuperar a memoria histórica», por lo que su siguiente novela se centrará en los jóvenes que trabajaron en los crematorios de Bikernau.

La Voz de Galicia

19 de out. de 2011

Xosé Lois García presentou en Lugo e Monforte a súa Poesía Completa


No sabemos si el escritor Xosé Lois García podría asistir ayer a la romería que celebraron en su tierra. Lo que sí sabemos es que a ultima hora de la tarde estuvo en la Galería Sargadelos de Monforte. Presentaba un libro que recoge la práctica totalidad de su obra poética y que acaba de ser publicado por la editorial Toxosoutos. La obra recopila los 22 poemarios publicados por el escritor chantadino entre 1972 y el 2009. El libro recupera también los prólogos de escritores como Manuel María, Uxío Novoneyra, Xosé Luis Axeitos y Vicente Araguas, Vergílio Alberto Vieira y Maria João Reynaud o Andytias Soares de Mora.

12 de out. de 2011

No sangue dos bardos


La librería Couceiro acogió la presentación de la obra poética completa del escritor Xosé Lois García, publicada por Toxosoutos. Dos volúmenes, Por ninguén aloumiñada y No sangue dos bardos, conforman la obra poética. Acompañaron al autor en la presentación Héitor Picallo, Uxío Novoneyra Rei y David G. Couso.

10 de out. de 2011

A POESÍA REUNIDA DE XOSÉ LOIS GARCÍA


O escritor chantadino Xosé Lois García presentará este mes en Monforte e Lugo un libro que recolle a prática totalidade da súa obra poética. O libro acaba de ser publicado pola editorial Toxosoutos en dous volumes que suman en total 735 páxinas. A primeira destas presentacións levarase a cabo o día 14 na galería Sargadelos de Lugo ás oito da tarde. En Monforte a obra será presentada o 18 co mesmo horario, tamén na galería Sargadelos. Previamente, o día 11, haberá outra presentación na librería Couceiro de Santiago, igualmente ás oito da tarde,

A obra recolle integramente 22 poemarios publicados por García entre 1972 e o 2009, desde Cancioneiro de Pero Bernal ata Poemas pornofálicos. A edición non inclúe outro libro de poemas, Petroglifia, dedicado aos gravados rupestres de Sober e publicado pola mesma editorial a finais do ano pasado. Esta obra, xunto con outros poemarios que o autor publique eventualmente a partir de agora, será incluída máis adiante nin terceiro volumen.

A edición recupera os prefacios redactados orixinalmente para algunhas destas obras polos escritores galegos Manuel María, Uxío Novoneyra, Basilio Losada, Xosé Luís Axeitos e Vicente Araguas, os portugueses Vergílio Alberto Vieira e Maria João Reynaud e o brasileiro Andytias Soares de Moura. O conxunto está encabezado por un extenso estudo sobre a obra poética de García a cargo do escritor e crítico quirogués Camilo Gómez Torres.

En tres idiomas

A maior parte da poesía de Xosé Lois García, como o resto da súa produción literaria -que ademais comprende obras ensaísticas, narrativas e teatrais e varias antoloxías e traducións- está escrita en galego, pero o autor chantadino tamén publicou en portugués os libros Labirinto incendiado, Sambizanga e África em sinfonia solar, que figuran igualmente nesta edición. O uso literario desta lingua está relacionado co intenso labor desenvolvido polo escritor chantadino como estudoso e divulgador das literaturas de expresión portuguesa.

A edición recolle por outro lado o único poemario publicado ata agora por García en catalán, Cruïlles de Sant Andreu de la Barca. O escritor, que reside desde hai moitos anos en Cataluña, publicou tamén numerosos estudos en catalán sobre a historia do municipio barcelonés de Sant Andreu de la Barca, onde é responsable do arquivo histórico local.


LER MÁIS

22 de set. de 2011

Rip Van Winkle (Ramón Nicolás)

Como un acerto cualifico a aparición no mercado galego dunha edición bilingüe inglés-galego de Rip van Winkle, de Washington Irving, que chega da man de Toxosoutos, en fluída tradución de David G. Couso e cun acaído e clarificador limiar a cargo de Milagros Torrado, sen esquecer as ilustracións de Vault.

Este título, do que adoita ser considerado o primeiro escritor profesional estadounidense e talvez máis coñecido polos seus célebres Contos da Alhambra (1832), resulta ben curioso por recrear unha historia sinxela que tanto lembra, por outro lado, esa extraordinaria composición poética da tradición galego-portuguesa medieval das Cantigas de Santa María que comezaba: "Como Santa María feze estar o monje trezentos anos ao canto da passarya, porque lle pedía que lle mostrasse qual era o ben que avian os que eran en Paraíso" e que lle servira ao polígrafo pontevedrés Filgueira Valverde para se para se doutorar co título de La Cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval.

Desposuída do matiz relixioso, a lenda vén sendo a mesma aínda que no libro de Irving, loxicamente, o contexto é diferente. En Rip van Winkle deséñase unha época inmediatamente anterior á Guerra de Independencia estadounidense cando o protagonista, de ascendencia holandesa, escapa da súa casa. Ao final desa aventura, tras inxerir unha beberaxe ficará durmido e, ao acordar, irá decatándose de que pasaron vinte anos e que xa nada é o mesmo. Cualificado durante algún tempo como un conto infantil, son da opinión que, sen deixar de selo, é este un volume que ofrece distintos niveis de lectura como a análise das relacións familiares, o devezo por modificar o estado das cousas e, xaora, a reflexión sobre o propio paso do tempo. Existe, entre outras, unha recreación televisiva, dirixida por Francis Ford Coppola, que recomendo vivamente e que pode ser un magnífico complemento á lectura.

12 de set. de 2011

Derradeiras horas de Juana Capdevielle


A morte de Juana Capdevielle aconteceu de xeito tan agónico e brutal que o puro relato documental da mesma constitúe xa de por si, sen aditamento ningún de ficción, unha verdadeira traxedia. Nada máis esperable, pois, que alguén, algún día, se decidise por converter aquel tristísimo episodio nunha novela.

Iso debeu pensar Vicente Piñeiro González, autor da recente Asasinos, asasinos, asasinos!, onde con nobre empeño narra as dúas últimas horas de vida da intelectual republicana.

Juana Capdevielle, muller que fora de Francisco Pérez Carballo (gobernador civil republicano da Coruña, a quen mataron os fascistas sublevados), resultou pronto persoa non grata para as novas autoridades profranquistas, quen vían nela unha dobre mácula: ser viúva de quen era e profesar como intelectual liberal e republicana de prestixio.

O asasinato perpetrado contra ela adquiriu, sen dúbida, carácter de vendetta exemplarizante: apresada na Coruña, foi levada en auto durante case un cento de quilómetros para ser tiroteada nunha gabia de Rábade, vila próxima á capital lucense, onde ficou sen vida e —extrema iniquidade— sen poder chegar a dála, pois ía encinta.

Asasinato tan inhumano é o que Vicente Piñeiro quixo recrear a través do seu monólogo Asasinos, asasinos, asasinos!, pois esas dúas derradeiras horas en coche e a lembranza que da súa vida e circunstancias puido chegar a facer nelas Juana Capdevielle é o que conforma a cerna narrativa deste libro, que conta, amais, cun amplo capítulo introdutorio de carácter ensaístico asinado polo propio autor.

O valor desta obra cómpre procuralo non tanto nos posibles acertos literarios coma na admirable recreación dun suceso que merecía gardarse, tamén si, como memoria ficcionada. Por iso, que en Asasinos, asasinos, asasinos! poida máis o pulo historicista do docudrama non impide recoñecer nel o acerto de recuperar e reactualizar para as novas xeracións unha historia que clamaba por ser rescatada do esquecemento.

Benia a Vicente Piñeiro e aos seus editores noieses de Toxosoutos, pois libros como este recórdannos que a literatura, amais de para outro milleiro de cousas, tamén serve para manter aceso o facho da dignidade humana.

Criticalia, por Armando Requeixo

2 de set. de 2011

Claudio R. Fer no Diario Cultural

hoxe ás 15,05 no DIARIO CULTURAL, da Radio Galega,
entrevista a Claudio R. Fer pola publicación da súa narrativa completa
publicada en Toxosoutos

26 de ago. de 2011

Rip Van Winkle, unha fábula do tempo en dous idiomas


14x16

145 páxinas

Limiar de Milagros Torrado Cespón

Tradución de David G. Couso

Ilustracións de Vault.

Edición bilingüe Inglés-Galego

Rip, un home de vida sinxela, un cheíñas temeroso da súa muller, vai ata a montaña onde é fascinado por un vello vestido de danés. Nin a Rip nin a Peter os enfeitizan unhas sereas coma as de Odiseo co seu belo canto, nin unha fermosa moura que custodia un tesouro: eles caen polo alcol que lles ofrecen un grupo de homes. Esta beberaxe fai que Rip teña a sensación de que durmiu unha noite, pero en realidade, son vinte anos os que se ausenta. O panorama que atopa cando volve é moi diferente ao que deixara: a colonia británica na que vivía é agora parte dos Estados Unidos de América.

Edicións bilingües en Toxosoutos

Séneca, Apocolocyntosis. A conversión do emperador Claudio en cabazo (latín-galego)

Virxilio, Bucólicas (latín-galego)

J. L. Caramés, A miña tía avoa Dolores e o Círculo dos Animais Excluídos (inglés-galego)

Obras da Literatura Universal en galego

Kate Chopin, O espertar

H. G. Wells, A máquina do tempo

Alexandre Dumas, A dama das Camelias

Marqués de Sade, Os crimes do amor

Flaubert, Bouvard e Pécuchet

Flaubert, A curmá Bette

Homero, Odisea