O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

27 de feb. de 2012

Sobre A cidade na poesía galega, por Miro Villar

Por volta da primavera do 2009 recibín un convite de Gonzalo Vázquez para facer parte dunha escolma de textos que tivesen a cidade como obxecto poético. Na miña obra teño demasiados poemas que teñen como espazo alguna cidade nosa ou europea, así que optei por xuntar un feixe deles e fíxenllos chegar ao antólogo para que fixese a escolla precisa para o seu traballo, con total liberdade.
Esa compilación xa chegou ás nosas librarías co título A cidade na poesía galega do século XXI, edición literaria de Gonzalo Vázquez, e que sae publicada na serie Esmorga (Escolmas) da Editorial Toxosoutos (na que en 1994 o meu libro de poemas xuvenís 42 décimas de febre inaugurou a colección Nume). A devandita antoloxía xunta textos de até 61 autoras e autores diferentes pertencentes a diversas promocións, sendo a máis veterana a poeta Helena Villar Janeiro (Becerreá, 1940) e a máis nova Berta Dávila (Compostela, 1987). Canda estas dúas mulleres figuran, por orde alfabética, os seguintes poetas (dos máis deles tedes o seu perfil biográfico na páxina da AELG):
Xoán Abeleira, Marilar Aleixandre, Francisco Álvarez “Koki”, Anxo Angueira, Alicia Baña, Xosé María Álvarez Cáccamo (curiosamente no C de Cáccamo), Ramón Caride Ogando, Xosé Antón Cascudo Rodríguez, Yolanda Castaño, Xabier Cordal, Francisco Cortegoso, Marta Dacosta, Lois Diéguez. Xoán Carlos Domínguez Alberte, Rosa Enríquez, Estíbaliz Espinosa, Eduardo Estévez, Francisco X. Fernández Naval, Manuel Forcadela, Antom Fortes Torres, Modesto Fraga, Xavier Frías Conde, Luís González Tosar, Mero Iglesias, María Lado, Xavier Lama. Alfonso Láuzara, Xosé Antón Laxe Martiñán, Alberto Lema, Rafael Lema, Xulio López Valcárcel, Verónica Martínez Delgado, Ricardo Martínez Conde, Rosa Méndez Fonte, Alberte Momán, Carlos Negro, Isidro Novo, Andrea Nunes Brións, Olga Patiño Nogueira, Xabier Paz, Ugia Pedreira, Ánxeles Penas, Manuel Pereira Valcárcel, Xavier Queipo, Xesús Rábade Paredes, María do Cebreiro Rábade Villar, Baldo Ramos, Mario Regueira, Claudio Rodríguez Fer, Alfonso Rodríguez Rodríguez, Miguel Sande, Xosé Luís Santos Cabanas, Xavier Seoane, Francisco Souto Barreiro, Xosé Vázquez Pintor, Xabier Vila-Coia, Miro Villar, Xabier Xil Xardón e Isaac Xubín.
Alén dos poemas escollidos o libro tamén leva unha «Introdución» teórica do editor literario Gonzalo Vázquez na que sinala que «a tradición poética do tema da cidade quizais sexa tan antiga como a existencia (e quizais a preexistencia) destas, poesía e cidade», para logo facer unha panorámica sobre o topoi da cidade sobre todo na poesía europea contemporánea mais tamén na literatura universal e finalmente na nosa propia tradición literaria. Deste asisado e moi suxestivo prefacio, e coa autorización do seu autor, reproduzo uns parágrafos:
«Unhas tiras con formas de liñas temáticas, que nos poemas aquí recollidos, predominan o da cidade como destrutora do ser, como mecanismo alienante, por unha banda, e como hábitat de construción do ser civilizado por outra, que vén confirmar (paradoxalmente) a primeira. Noutros adóptase o poema como unha viaxe chea dunha “saudade moderna”, un querer volver á cidade propia, así como tamén a cidade testemuña, que observa o paso do tempo, e que mesmo se constrúe ao longo dos días.

16 de feb. de 2012

Novidades Poesía

Máis información aquí


Ramón Caride

A chuvia humana

Limiar de Xosé Lois García / 164pp / 10x16

O poeta ourensán amosa certos conceptos formais nun temario sofisticado e estrito coque configura eses poemas sintéticos, cunha ovación expansiva que emite resplandores desa fusión entre o poeta pensante e o poema filosófico que nos fai entrar nunha fase metafísica de poemas resumen que nos ofrenda o seu creador: “Nunca/ o silencio/ redime”. Un poema que nos achega ao economicismo poético de Uxío Novoneyra.


Olga Novo

Cráter

Poesía. Formato 13x21; 193 páxinas. Limiar de Carmen Blanco

Este libro contén unha serie de emanacións vitais que, coma no caso dos síntomas volcánicos, constitúen formacións de cinsa, pedra, lava e rocha metamórfica. A “Cinsa”, escrita entre o ano 2004 e o 2010, poetiza o abandono do mundo rural galego e o seu resistente corazón residual, en loita contra o esquezo e o desleixo, e tentando sempre integrar a morte na vida e a vida na morte. A “Pedra” foi experimentada como sentimento megalítico a través dunha vida vivida en Bretaña, onde precisamente se escribiu o texto, en Roazhon, en abril do ano 2005. A “Lava” foi soñada desde a infancia no misterio de Pompeia, a onde viaxei en febreiro do ano 2009, na procura do magma, ó encontro do enigma da beleza e do amor. A “Rocha metamórfica” quere petrificar salvaxemente a linguaxe de Eros, na celebración carnal antiplatónica.


A cidade na poesía galega do século XXI

Edición de Gonzalo Vázquez

224 páxinasSerie Esmorga (Escolmas) 13x21

Textos de:

Xoán AbeleiraMarilar AleixandreFrancisco Álvarez-“Koki”Anxo AngueiraAlicia BañaXosé María Álvarez CáccamoRamón Caride OgandoXosé Antón Cascudo RodríguezYolanda CastañoXabier CordalFrancisco CortegosoMarta DacostaBerta DávilaLois DiéguezXoán Carlos Domínguez AlberteRosa EnríquezEstíbaliz EspinosaEduardo EstévezFrancisco X. Fernández NavalManuel ForcadelaAntom Fortes TorresModesto FragaXavier Frías CondeLuís González TosarMero IglesiasMaría LadoXavier LamaAlfonso LáuzaraXosé Antón Laxe MartiñánAlberto LemaRafael LemaXulio López ValcárcelVerónica Martínez DelgadoRicardo Martínez CondeRosa Méndez FonteAlberte MománCarlos NegroIsidro NovoAndrea Nunes BriónsOlga Patiño NogueiraXabier PazUgia PedreiraÁnxeles PenasManuel Pereira ValcárcelXavier QueipoXesús Rábade ParedesMaría do Cebreiro Rábade VillarBaldo RamosMario RegueiraClaudio R. FerAlfonso Rodríguez RodríguezMiguel SandeXosé Luís Santos CabanasXavier SeoaneFrancisco Souto BarreiroXosé Vázquez PintorXabier Vila-CoiaHelena Villar JaneiroMiro VillarXabier Xil XardónIsaac Xubín


Yago Rodríguez Yánez

Déixame ancorar

Limiar de Carlos Gegúndez / 102 pp / 10x16

O atinado título do libro, Déixame ancorar... permite entrever a humildade do poeta nesta primeira travesía, quen solicita e pregunta antes de zarpar para facer dos seus desexos realidade, para bicar beizos de ardentía. Versos que son todo cerna dende a raíz até os gromos, non teñen ápice de sámago, como as rebolas novas que hoxe están a medrar para se converteren un día en rexos carballos.



14 de feb. de 2012

Versos corrente de lava




Di Olga Novo que poesía é choque brutal que muda a nosa pel. Supuración da experiencia profunda. Corrente de lava que nos expulsa de nós mesmos. Vida, e non só exercicio literario. E así é o seu novo libro, Cráter, que Toxosoutos acaba de tirar do prelo. Obra fervenza, como todas as súas. Torrencial. Volcánica. A autora anunciara xa n’A teta sobre o sol que a súa arela era máis a intensidade que a perfección. E niso anda.
E non é a única. Ela mesma explica que todos os poemas do mundo están conectados por unha sorte de sondas subterráneas. Fíos invisibles. Diálogos múltiples. E debe de ser certo. Cráter amosa confluencias con outros dous poemarios que chegaron recentemente ás librarías, ambos editados por Espiral Maior: Acuática Alma de Marta Dacosta e Leopardo son de Pilar Pallarés. Alén de diverxencias xeracionais.




LER MÁIS EN:

Montse González en EL PAÍS (10 feb 2012)

2 de feb. de 2012

Toxosoutos publica unha escolma de poesía galega con textos de 61 autoras e autores coa cidade como tema

A CIDADE NA POESÍA GALEGA DO SÉCULO XXI

Edición de Gonzalo Vázquez

Serie Esmorga (escolmas)

224 páxinas


Xoán AbeleiraMarilar AleixandreFrancisco Álvarez-“Koki”Anxo AngueiraAlicia BañaXosé María Álvarez CáccamoRamón Caride OgandoXosé Antón Cascudo RodríguezYolanda CastañoXabier CordalFrancisco CortegosoMarta DacostaBerta DávilaLois DiéguezXoán Carlos Domínguez AlberteRosa EnríquezEstíbaliz EspinosaEduardo EstévezFrancisco X. Fernández NavalManuel ForcadelaAntom Fortes TorresModesto FragaXavier Frías CondeLuís González TosarMero IglesiasMaría LadoXavier LamaAlfonso LáuzaraXosé Antón Laxe MartiñánAlberto LemaRafael LemaXulio López ValcárcelVerónica Martínez DelgadoRicardo Martínez CondeRosa Méndez FonteAlberte MománCarlos NegroIsidro NovoAndrea Nunes BriónsOlga Patiño NogueiraXabier PazUgia PedreiraÁnxeles PenasManuel Pereira ValcárcelXavier QueipoXesús Rábade ParedesMaría do Cebreiro Rábade VillarBaldo RamosMario RegueiraClaudio R. FerAlfonso Rodríguez RodríguezMiguel SandeXosé Luís Santos CabanasXavier SeoaneFrancisco Souto BarreiroXosé Vázquez PintorXabier Vila-CoiaHelena Villar JaneiroMiro VillarXabier Xil XardónIsaac Xubín