O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

26 de feb. de 2013

Breizh, en Arteixo

O vindeiro venres, 1 de marzo, ás 20,00 horas, a librería "A Lus do Candil" (Rúa Historiador Vedía, 3 Arteixo), vai acoller a presentación do libro "Breizh" de Miro Villar, publicado por Edicións Toxosoutos. No acto participarán o escritor e presidente do SEMESCOM, Xosé María Lema Suárez, e o autor do libro, Miro Villar. Ao remate do acto o autor asinará exemplares de "Breizh" ás persoas interesadas. Agardando poder contar coa túa presenza, recibe un cordial saúdo.

20 de feb. de 2013

Claudio Rodríguez Fer presenta en Nova York a edición bilingüe de TIGRES DE TERNURA

The Ph.D. Program in Hispanic and Luso-Brazilian Literatures and Languages [Visit us at: http://web.gc.cuny.edu/hispanic/] 
and
Xoan González Millán Center for Galician Studies  
Cordially invite you to: 
Bilingual (Galician/English) Poetry Reading and Conversation  with  Claudio Rodríguez Fer 
Date:   Tuesday, March 5, 2013 Time:  6:30 p.m.
Place:  The Graduate Center - CUNY 365 Fifth Avenue Room C201

18 de feb. de 2013

Laura Tato publica Roberto Vidal Bolaño, unha vida para o teatro


Roberto Vidal Bolaño, unha vida para o teatro
Laura Tato
Limiar de Manuel Quintáns Suárez
Imaxe de cuberta por Héitor Picallo, "O Karrapucho"

Parece claro que para Roberto Vidal Bolaño a aplicación do termo “nacional” ao teatro que se quere para Galicia non pode circunscribirse ao ideario de ningún partido político concreto. Se estes non son capaces nin tan siquera de potenciar a súa loita en defensa do principal sinal de identidade do seu pobo, a súa lingua, que pode facer este teatro máis ca refuxiarse no propio pobo e na propia cultura, dos que procede e aos que se debe? Isto polo menos debía ser o que pensaba Roberto Vidal Bolaño, nacionalista de corazón, cando prefería falar dun teatro popular e non dun teatro nacional.
Do limiar de M. Quintáns Suárez

11 de feb. de 2013

Isidro Novo presenta a súa última novela


15 de febreiro de 2013 20:00 h
Galería Sargadelos de Lugo

SINISTRA DEIXA

Contaremos coa intervención de J.Luis Calvo e do propio autor. 

5 de feb. de 2013

Jorge Emilio Bóveda, narrador disciplinado e vocacional

O narrador ourensán Jorge Emilio Bóveda, autor entre outras pezas narrativas e ensaísticas d´A vila das ánimas (Toxosoutos, 2010) e mais d´A habitación secreta (Toxosoutos, 2012), confesa que escribe a man, en cadernos ou onde cadre,  <>, mentres que os libros de divulgación polo xeral van construíndose directamente no ordenador. Ler máis en CADERNO DA CRÍTICA, de Ramón Nicolás. http://cadernodacritica.blogaliza.org/?s=emilio+boveda