Máis información aquí
Ramón Caride
A chuvia humana
Limiar de Xosé Lois García / 164pp / 10x16
O poeta ourensán amosa certos conceptos formais nun temario sofisticado e estrito coque configura eses poemas sintéticos, cunha ovación expansiva que emite resplandores desa fusión entre o poeta pensante e o poema filosófico que nos fai entrar nunha fase metafísica de poemas resumen que nos ofrenda o seu creador: “Nunca/ o silencio/ redime”. Un poema que nos achega ao economicismo poético de Uxío Novoneyra.
Olga Novo
Cráter
Poesía. Formato 13x21; 193 páxinas. Limiar de Carmen Blanco
Este libro contén unha serie de emanacións vitais que, coma no caso dos síntomas volcánicos, constitúen formacións de cinsa, pedra, lava e rocha metamórfica. A “Cinsa”, escrita entre o ano 2004 e o 2010, poetiza o abandono do mundo rural galego e o seu resistente corazón residual, en loita contra o esquezo e o desleixo, e tentando sempre integrar a morte na vida e a vida na morte. A “Pedra” foi experimentada como sentimento megalítico a través dunha vida vivida en Bretaña, onde precisamente se escribiu o texto, en Roazhon, en abril do ano 2005. A “Lava” foi soñada desde a infancia no misterio de Pompeia, a onde viaxei en febreiro do ano 2009, na procura do magma, ó encontro do enigma da beleza e do amor. A “Rocha metamórfica” quere petrificar salvaxemente a linguaxe de Eros, na celebración carnal antiplatónica.
A cidade na poesía galega do século XXI
Edición de Gonzalo Vázquez
224 páxinasSerie Esmorga (Escolmas) 13x21
Textos de:
Xoán Abeleira•Marilar Aleixandre•Francisco Álvarez-“Koki” •Anxo Angueira•Alicia Baña•Xosé María Álvarez Cáccamo•Ramón Caride Ogando•Xosé Antón Cascudo Rodríguez•Yolanda Castaño•Xabier Cordal•Francisco Cortegoso•Marta Dacosta•Berta Dávila•Lois Diéguez•Xoán Carlos Domínguez Alberte•Rosa Enríquez•Estíbaliz Espinosa•Eduardo Estévez•Francisco X. Fernández Naval•Manuel Forcadela•Antom Fortes Torres•Modesto Fraga•Xavier Frías Conde•Luís González Tosar•Mero Iglesias•María Lado•Xavier Lama•Alfonso Láuzara•Xosé Antón Laxe Martiñán•Alberto Lema•Rafael Lema•Xulio López Valcárcel•Verónica Martínez Delgado•Ricardo Martínez Conde•Rosa Méndez Fonte•Alberte Momán•Carlos Negro•Isidro Novo•Andrea Nunes Brións•Olga Patiño Nogueira•Xabier Paz•Ugia Pedreira•Ánxeles Penas•Manuel Pereira Valcárcel•Xavier Queipo•Xesús Rábade Paredes•María do Cebreiro Rábade Villar•Baldo Ramos•Mario Regueira•Claudio R. Fer•Alfonso Rodríguez Rodríguez•Miguel Sande•Xosé Luís Santos Cabanas•Xavier Seoane•Francisco Souto Barreiro•Xosé Vázquez Pintor•Xabier Vila-Coia•Helena Villar Janeiro•Miro Villar•Xabier Xil Xardón•Isaac Xubín
Yago Rodríguez Yánez
Déixame ancorar
Limiar de Carlos Gegúndez / 102 pp / 10x16
O atinado título do libro, Déixame ancorar... permite entrever a humildade do poeta nesta primeira travesía, quen solicita e pregunta antes de zarpar para facer dos seus desexos realidade, para bicar beizos de ardentía. Versos que son todo cerna dende a raíz até os gromos, non teñen ápice de sámago, como as rebolas novas que hoxe están a medrar para se converteren un día en rexos carballos.