Publícanse as narracións premiadas en
2010 e 2011, que son os que foron subvencionados polos concellos de Vilagarcía
e Rianxo respectivamente e no que resultaron galardoados Alfredo Naz Fernández,
Clara do Roxo, Amancio Liñares, Ledicia Costas e Xaime Domínguez Toxo. Pero
editorialmente falando, este volume ten un carácter especial porque por
primeira vez na historia do Figueiredo os seus relatos non son publicados en
Ediciós do Castro por deferencia do seu director, Isaac Díaz Pardo, moi
relacionado coa nosa Fundación, pois foi distinguido co Pedrón de Ouro en 1976
e nomeado Presidente de Honra en 2006 como resposta inmediata ao agravio
perpetrado contra el ao ser destituído da presidencia das empresas por el creadas,
que constituían un inmenso paraíso de arte,
industria e comunicación co que agasallou ao pobo galego.
Co
pasamento de Isaac Díaz Pardo remata un capítulo importantísimo da historia da
Fundación do Pedrón de Ouro e do seu premio literario e abrimos con renovada
esperanza unha nova etapa que nos pon en relación coa editorial Toxosoutos, a
quen manifestamos a nosa gratitude, personificada no seu director xeral, Manuel
González Millares, e no seu director de publicacións, David G. Couso.
XOSÉ RAMÓN FANDIÑO VEIGA