El libro recoge la historia de 74 formaciones de toda Galicia de pop y rock con su biografía, fotos, discografía y «una reseña extensa, como se hace ahora en cualquier revista musical», destalló el autor.Fernández Rego destacó asimismo que esta proliferación de grupos se sigue manteniendo y como prueba de ello cita un reciente trabajo publicado en Santiago con grupos locales «y aparecen 24 grupos, de los 30 o 40 que puede haber».n cuanto a la parte final del título de su libro, el malditismo de la música gallega, Fernández Rego recuerda que Los Tamara (cuya ficha abre este volumen) «tenían que ir a Europa y hoy ya hay un circuito en Galicia». Detalla que ha recuperado algunos de estos grupos «que quedaron descatalogados y la idea era rescatarlos», citando ejemplos como Los Dramáticos, Metro, Los contentos de Lugo, Los Eskizos o el ya mencionado de Los Cafres.El libro va acompañado de un doble cedé con temas interpretados por un total de 21 grupos que los han cedido para el mismo y entre los que figuran desde Triángulo de Amor Bizarro a Emilio Jose.
11 de ago. de 2010
Rego cerró los actos con la historia del pop y rock gallego
El libro recoge la historia de 74 formaciones de toda Galicia de pop y rock con su biografía, fotos, discografía y «una reseña extensa, como se hace ahora en cualquier revista musical», destalló el autor.Fernández Rego destacó asimismo que esta proliferación de grupos se sigue manteniendo y como prueba de ello cita un reciente trabajo publicado en Santiago con grupos locales «y aparecen 24 grupos, de los 30 o 40 que puede haber».n cuanto a la parte final del título de su libro, el malditismo de la música gallega, Fernández Rego recuerda que Los Tamara (cuya ficha abre este volumen) «tenían que ir a Europa y hoy ya hay un circuito en Galicia». Detalla que ha recuperado algunos de estos grupos «que quedaron descatalogados y la idea era rescatarlos», citando ejemplos como Los Dramáticos, Metro, Los contentos de Lugo, Los Eskizos o el ya mencionado de Los Cafres.El libro va acompañado de un doble cedé con temas interpretados por un total de 21 grupos que los han cedido para el mismo y entre los que figuran desde Triángulo de Amor Bizarro a Emilio Jose.
10 de ago. de 2010
Entre la familia Barbanzons
LA VOZ DE GALICIA
A CORUÑA 10 AGOSTO 2010
9 de ago. de 2010
FEIRA DO LIBRO D' A CORUÑA
OS BARBANZÓNS TRIUNFARON DE NOVO NA FEIRA DO LIBRO (ESQUERDA). PRESENTACIÓN DO LIBRO NOVONEYRA, UN CANTOR DO COUREL A COMPOSTELA. De esquerda a dereita: Luz Pozo Garza, David G. Couso e a autora do libro, Carmen Blanco. (DEREITA)
6 de ago. de 2010
Jorge Emilio Bóveda publica en Toxosoutos A vila das ánimas
Escritor de Ourense, acaba de publicar en Toxosoutos "A vila das ánimas"
"Os verdadeiros pais han de ser críticos cos fillos:
os meus primeiros escritos son bastante frouxos"
"Escribo cun ventilador prendido ao meu carón, xa sexa verán ou inverno"
"A literatura máis seria e vital permanecerá sempre
en libros convencionais nos andeis das bibliotecas personais"
O entrevistado, nunha foto de Santos-Díez
En Certo coñecemos dende hai uns meses a este escritor de Ourense porque cada semana nos ofrece a súa visión do mundo "En perspectiva cabaleira". Neste mes de agosto, co gallo do lanzamento da súa novela "A vila das ánimas" na editorial Toxosoutos, aproveitamos para plantexarlle unhas cuestións e saber, na medida en que se deixou, un pouquichiño máis del.
.- A Vila das Ánimas: é máis doado explicar o que é esta novela, ou o que non é?
.- Sen dubidalo, o que non é: un libro de ler e esquecer.
.- Canto tempo lle levou? Ou non se pode contabilizar o tempo no que asenta unha novela na cachola e logo pasa ao papel?
.- Contaxiado polo ambiente da novela, na que non existe o tempo, non o podería precisar. Si podo dicir que levaba varios anos gardada nunha gabeta do escritorio.
.- Fáganos un teaser do que poderemos ler en "Vila das Ánimas"...
.- Unha viaxe sobrenatural debedora dunha influencia que vai dende a novelística épica, até a novela iniciática, pasando pola novela de corte introspectivo e de ideas e o simbolismo: Xan Ferreira sente unha necesidade metafísica de visitar a aldea na que naceu; unha pequena vila despoboada que está comezando a ser aproveitada para o turismo rural. Os personaxes modernos “conviven” no mesmo espazo coas personaxes que poboaron a vila tempo atrás. A frivolidade do presente atópase a ollos do lector coa sentimentalidade do pasado. E entre estes dous mundos vaga o personaxe principal Xan Ferreira. Por certo, nada é o que semella parecer. É unha fuxida constante do dogma a través duns diálogos que lembran a un libro de ensaio.
A novela de Bóveda xa está nas librarías. Tamén poden mercala en toxosoutos.com
.- Toxosoutos: como foi a escolla de editorial? Ou escolleuno ela a vostede?
.- Penso que nos escollemos mutuamente. Eu saturei case todas as editoriais de Galicia co meu escrito e Toxosoutos dixo si.
.- Publica en Toxosoutos en Noia, colabora con Certo en Ribeira: está a emigrar intelectualmente da Auria cara ás Rías Baixas ou son ilusións nosas?
.- Xa dixen nalgunha ocasión que considero á Galicia como un todo. Á parte hai que petar nas máximas portas posibles sen ter en conta o afastadas que poidan estar. Aí está o feito de que case todas miñas novelas en castelán están publicadas en Albacete (e teño algunha nas Palmas de Gran Canaria).
.- Vostede é mestre, como infinidade de escritores de Galicia e de todo o mundo: a que se debe esta relación? ten algo do ensino a literatura?
.- Dende que tiña quince anos de idade, sospeitei que algo latía no meu interior. E probei a [pseudo]poesía, a música, o debuxo... cando comecei a preparar as oposicións de maxisterio por inglés, a lectura dalgún clásico e as traducións me deron pulo para comezar a darlle forma literaria ao que había dentro de min, e chegou a narrativa, o pensamento, a prosa poética e os textos “mediosóficos”.
.- Ao ser mestre, tamén é funcionario, como tantos escritores: iso é unha virtude ou un defecto?
.- É unha virtude porque te disciplinas para dar conta dos dous traballos, pero é un defecto polo que pode chegar a cansar. As miñas vacacións funcionariais corresponden co tempo de traballar a literatura con moitísima máis intensidade. E todo isto oíndo sempre arredor: “os mestres que choio tedes, cantas vacacións!” En fin...
.- Nalgún lado lemos que considera as súas obras literarias como fillos. Porén, como bo pai, non falará mal de ningún... ou si?
.- Por suposto que falo mal. Os verdadeiros pais han de ser críticos cos fillos. Os meus primeiros escritos son bastante frouxos. Ademais, como tento vivir a literatura dun xeito existencialista, considero cada libro escrito como un “ensaio” cara o seguinte. Non en forma, estilo e contido, senón en evolución humana.
.- En que novo proxecto está inmerso xa? Ten vacacións a cachola dun escritor?
.- Faltan uns capítulos para rematar miña novela máis controvertida sobre un personaxe que por mor de evitar o dogma e de persuadir ás persoas para que fuxan del, acaba caendo nel de xeito estrepitoso. As miñas vacacións, como respondín antes, vívoas cun ollo, unha aurícula e un ventrículo na familia e o outro ollo e o resto do corazón na literatura.
.- Tes algunha manía á hora de escribir? Algún tabú en particular á hora de abordar temas?
.- Pois si: escribo cun ventilador prendido ao meu carón xa sexa no verán coma no inverno. Esquematizo e tomo notas e ideas en cadernos escolares, redacto en folios encadernados, e logo paso todo a un procesador de textos. Supoño que, tirando o do ventilador, o demais non son manías ao uso.
Bóveda confía en que eses obxectos que están atrás del sobrevivan ás novas tecnoloxías
.- É apocalíptico ou integrado niso da morte dos libros en papel? E no asunto dos índices de lectura, pesimista ou optimista?
.- Integrado. O libro electrónico é unha ferramenta de apoio no que se pode ler información para documentarse, ou libros de ler e esquecer (que ás veces tamén son precisos). A literatura máis seria e vital permanecerá sempre en libros convencionais nos andeis das bibliotecas persoais (agardo non trabucarme).
En canto aos índices de lectura son pesioptimista: no meu entorno non se le case nada, quitando a xente do mundo literario galego coa que me relaciono polo feisbuc. Pero, por outra banda, tiven alumnado interesado na lectura, e ese alumnado vai medrar e facerse adulto. Esperanza. Agardemos que eses futuros adultos lectores se decanten por Saramago, Hesse ou Thomas Mann, no canto de Stephen King, ou calquera dos que so provén entretemento.
.- Como se leva coas novas tecnoloxías? Xa podemos ler os seus libros na Rede?
.- Teño 35 anos, polo que as novas tecnoloxías me colleron no intre preciso, de xeito que tento espremerlle ao ordenador o máximo zume literario posible. Pódense descargar obras miñas da miña web: www.jorgeemilioboveda.es
.- En Certo temos costume de deixar que o entrevistado formule unha pregunta que quixera respostar e que non fomos quen de facerlle. Proceda...
.- É vostede o que escribiu a novela das novelas?
.- Despídasenos en Perspectiva cabaleira (e explique, para os menos avisados, que demo é a perspectiva cabaleira)
.- Agardo que esta entrevista mitigue a sede de contidos sentida no intre de rematar a redacción das preguntas a formular a este perpetrador semántico/léxico/ortográfico/
Premio Avilés de Taramancos 2010
La profesora de Lingua Galega y colaboradora de Galicia Hoxe Mariña Pérez Rei recibió en Noia el premio del XI Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, convocado por el Concello en colaboración con la revista 'Casa da Gramática' del IES Virxe do Mar, el cual le fue otorgado por su obra Costa necrópole. Escenarios para deslembrar. En una ceremonia realizada en el salón de plenos, la escritora recibió el galardón, consistente en la publicación del trabajo, una escultura realizada por Alfonso Costa, así como un cheque de tres mil euros.
La novelista centró su obra en un subsahariano que trabaja despedazando barcos en una playa mauritana y que emigra en patera a Europa buscando un mundo mejor. La escritora señaló que es "imposible" ponerse en la piel de una persona como ésta, "pero o fixen intentando vela" para "pensar" y "reflexionar". Asimismo, destacó que Noia es para ella, como vecina de Ames, "a porta ao mar" que "entrou en min" y agradeció la concesión de este premio.
Por su parte, el alcalde noiés, Rafael García Guerrero, resaltó la consolidación del certamen que se ha convertido en un referente en Galicia. También quiso dejar claro que cada vez que se publica un libro escrito en gallego "é unha victoria".
Previamente, el secretario del jurado, Xavier Castro, leyó el acta del certamen y el profesor y miembro del jurado Xosé Gándara aseguró que no hubo dudas "en ningún momento" para elegir esta obra como ganadora.
El acto fue presentado por el concejal de Cultura, Josema González Canabal, y contó con la actuación de la solista y amiga de la premiada Clara Tino. Al mismo asistieron, entre otros, la viuda y uno de los hijos de Avilés de Taramancos. El libro fue editado por Toxosoutos y ya se puede adquirir en las librerías.