27 de set. de 2010
24 de set. de 2010
«Escribir é unha forma de manifestar as preocupacións»
Pouco despois de presentar un ensaio sobre os ritos, o autor palmeirán ataca de novo coa súa pluma, nesta ocasión coa novela «As deusas do calvario»
Como tantos outros afeccionados á literatura, Francisco Antonio Vidal (1957, Palmeira) ve moi complicado vivir da arte de escribir, por iso se dedica profesionalmente á electrónica. Sen embargo, ten escritos unha ducia de libros, entre os que se atopan novelas, ensaios sobre a figura de Manuel Murguía e investigacións de carácter etnográfico, un eido que lle apaixona. O pasado mes de marzo, saía á luz a súa última publicación, As deusas do calvario .
-¿Que se agocha detrás deste título?
-Estas deusas veñen sendo un grupo de mulleres que teñen que enfrontarse a todas as vicisitudes da vida, desde coidar a un home paralítico hasta lidar cunha filla drogadicta. Son problemas que case sempre ten que resolver a muller.
-¿Trátase entón dun conxunto de historias?
-Si, é unha novela formada por retallos que hai que ir compoñendo e, ao final, conséguese unha especie de retablo barroco. Son historias individuais que se van mesturando.
-¿Pretende ser unha homenaxe ao colectivo feminino?
-Non é que sexa unha homenaxe ás mulleres, senón máis ben á loita pola vida. O que quero resaltar é que, ás veces, por moito que un faga, non consegue as metas propostas. Non quero dicir que o final sempre teña que ser o fracaso, xa que hai persoas que realmente chegan a triunfar.
-¿Elixe ás mulleres por algunha razón concreta?
-Cando un escribe, ás veces, os personaxes chegan a dominarte pero, por riba de todo, está a realidade. Neste sentido, quen soe atender aos familiares enfermos ou aturar a unha filla rebelde é a muller. Iso é unha realidade que non pode obviarse.
-¿Cales son para vostede os retallos máis destacados deste libro?
-Podería destacar varios, por exemplo onde se define o amor mediante unha fórmula matemática. Tamén como, desde o maltrato a unha gaivota, quedan especificados os personaxes ou a definición do frío desde un cuartel.
-Esta novela saíu á luz pouco despois da presentación dun ensaio sobre os ritos e a fe, ¿que é máis complicado, escribir novelas ou obras de investigación?
-Os libros de investigación están dirixidos a un público moi concreto e teñen que servir para achegarlle información nova ao lector, senón é mellor non facelos. Isto implica un traballo intenso de mirar bibliografías, percorrer lugares, falar con xente... Pero a novela tamén implica moito esforzo. No caso de As deusas do calvario , eu decido poñerme con ela despois de ler dous libros e movo moita información e publicacións diversas para ir creando os personaxes. Cada obra, independentemente do xénero, require o seu traballo.
-Electrónico de profesión, escritor de vocación, ¿soa un pouco raro?
-Por raro que pareza, eu xa fixen o bacharelato por letras e empecei a escribir artigos cando tiña 19 anos. Á hora de pensar de que vou comer todos os días, decanteime pola electrónica.
-¿O de escribir é entón unha afección?
-Escribir é unha forma de manifestar as preocupacións que un ten, isto non quere dicir que ao plasmalas nun papel se resolvan as preguntas, pero si consegues enfocalas mellor.
-¿Que ten na mente nestes intres?
-Por unha banda, estou pendente de organizar algún acto para presentar a novela en Barbanza e, por outra, estou xa traballando en novas historias. Sempre hai cousas pendentes, un nunca pode parar de escribir.
LER MÁIS
23 de set. de 2010
Sobre AS DEUSAS DO CALVARIO, de Franciso A. Vidal
20 de set. de 2010
17 de set. de 2010
Ourense como espacio literario
16 de set. de 2010
Outono de lectura
13 de set. de 2010
Presentación do libro A vila das ánimas, na librería Duen de Bux
A vila das ánimas
Autor: Jorge Emilio Bóveda
Data de presentación: Xoves, 16 de setembro de 2010.
Hora: 17.00 horas.
Lugar: Librería Duen de Bux (Ourense)
(Praza Maior)
Organiza: Círculo Poético Orensano
Entrada: Gratuita
A librería Duen de Bux acolle o xoves, 16 de setembro, a presentación do libro A vila das ánimas, un lamento literario sobre a despoboación das vilas e dos pobos da nosa terra. A obra está narrada cunha gran carga simbólica e camiña polo terreo do realismo máxico que caracteriza ao seu autor.
Jorge Emilio Bóveda é autor dos libros A través do cristal (2006), Mälström ou a caixa do correo (2007) e Seres Estares Pareceres, voces copulativas (2010). Autor de diversas obras literarias en castelán, colabora como articulista en varios xornais galegos e participou en numerosos libros colectivos.
7 de set. de 2010
TOXOSOUTOS INICIA NOVA COLECCIÓN
ENCHE O FORMULARIO:
A COLECCIÓN ESMORGA OFRECERÁ OBRAS DA LITERATURA GALEGA E CLÁSICA EN EDICIÓNS DE ESPECIALISTAS CON ESTUDOS INTRODUTORIOS E NOTAS, ADEMAIS DE CLÁSICOS GREGOS E LATINOS EN EDICIÓN BILINGÜE.
Azos de esguello. Estudo introdutorio de Laura Tato.
PRÓXIMOS TÍTULOS
Prólogo de Claudio Rodríguez Fer.
Claudio Rodríguez Fer, Unha tempada no paraíso.
Edición de Olga Novo.
Virxilio, Bucólicas.
Edición bilingüe latín-galego de Xoán Fuentes.
Virxilio, Eneida.
Edición bilingüe latín-galego de Xoán Fuentes.
Séneca, Apocolocyntosis.
Edición bilingüe latín-galego de Anahí Sotelo.
Ludwig J. J. Wittgenstein, Tractatus Logico-Philosophicus.
Edición de Xoán Fuentes Castro.
Introdución de Mercedes Brea.
Chus Pato, Urania.
Edición de María Xesús Nogueira.