O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

13 de set. de 2010

Presentación do libro A vila das ánimas, na librería Duen de Bux


A vila das ánimas

Autor: Jorge Emilio Bóveda

Data de presentación: Xoves, 16 de setembro de 2010.

Hora: 17.00 horas.

Lugar: Librería Duen de Bux (Ourense)

(Praza Maior)

Organiza: Círculo Poético Orensano

Entrada: Gratuita

A librería Duen de Bux acolle o xoves, 16 de setembro, a presentación do libro A vila das ánimas, un lamento literario sobre a despoboación das vilas e dos pobos da nosa terra. A obra está narrada cunha gran carga simbólica e camiña polo terreo do realismo máxico que caracteriza ao seu autor.

Jorge Emilio Bóveda é autor dos libros A través do cristal (2006), Mälström ou a caixa do correo (2007) e Seres Estares Pareceres, voces copulativas (2010). Autor de diversas obras literarias en castelán, colabora como articulista en varios xornais galegos e participou en numerosos libros colectivos.