18 de xul. de 2012
Xosé Alfredo Naz Fernández, Premio Avilés de Taramancos 2012 con O sorriso de Hitler
28 de xuño de 2011
Toxosoutos publica o X Premio Relato de Aventuras Avilés de Taramancos

ANTONIO PIÑEIRO
78 páxs.
13x20
10,00 euros
Anne Geneviève alta dama francesa fai o Camiño de Santiago como ofrenda pola súa curación. Aqueixada dunha mortal enfermidade, e acurralada polas intrigas da Corte de Luís XIV, emprende a viaxe desde Bordeaux nunha mañá do mes de xullo, cun pequeno séquito e a compaña do seu médico, que atopará tamén ao final do Camiño, na Igrexa de San Martiño de Noia, a solución que, como científico, buscaba á enfermidade, xunto aos insospeitados signos que, dese saber, lle son transmitidos a través da arquitectura dos séculos.
O Camiño de Santiago no século XVII. Os turbulentos tempos de cambio. A decadencia dun modo de vida. As vicisitudes dunha viaxe plena de acontecementos, tensións, aventura, paisaxes. As inquietantes, delgadas liñas que separan ou unen a fe e a razón.
A dama fulxente trae a colación, ademais, un deses motivos históricos e menos coñecidos polos que o Camiño de Santiago acadou o seu carácter de xigante das peregrinacións.
30 de maio de 2011
Premio de relato de aventuras Avilés de Taramancos
Noia. La Casa da Cultura de Noia acogió ayer el fallo de la décima edición del concurso literario de relato de aventuras Avilés de Taramancos, al que este año se presentaron 14 obras.
El ganador fue el ribeirense Antonio Piñeiro, por la obra titulada A dama fulxente. El jurado, que estuvo formado por la periodista Vanesa Oliveira, la escritora Mercedes Queixas y la ganadora de la pasada edición, María Pérez, destacó de la obra su interés narrativo y su estilo.
El premio está dotado con tres mil euros, una escultura del artista local Alfonso Costa y la publicación del relato en la editorial Toxosoutos.
En el acto celebrado ayer para dar a conocer el fallo estuvieron presentes el edil de Cultura noiés, Lino García, y Xavier Castro (secretario del jurado).
17 de nov. de 2010
Costa Necrópole e A vila das ánimas
15 de nov. de 2010
‘Costa necrópole’. Escenarios para deslembrar
Hai varios motivos para celebrar a saída deste libro de Mariña Pérez Rei (Toxosoutos), premio "Antón Avilés de Taramancos" no seu IX certame de relato de aventuras. A primeira, que o certame e a editorial que o ampara apostasen pola escrita máis alá doutros criterios máis ou menos paternalistas que privilexiasen un potencial lector preguiceiro, previsible e decote desprezado. O certame é " de relato de aventuras" e aquí cabe tanto un caprichoso encadeamento de avatares coma, en contadas ocasións, o porfiado empuxe do heroe por certo cambio de escenario significativo onde vivir e medirse: algúns textos de mestres do xénero, como Conrad, remítennos a esta situación onde a aventura, como tal, queda estilizada, ralentizada peripecia, para ser un acto de vontade, intención heroica: puro pensamento valente. Esta é unha aposta arriscada, agora e sempre; pois ben, por aí circula este relato.
Costa necrópole lévanos a Mauritania, a un cemiterio de buques onde o sol, a area, o mar e un ruído de miseria e traballo tecen un mínimo tapiz onde un home novo espera por embarcar para outro mundo... Iso e a penuria dun deserto que o levou ata aí desde unha moi arredada Casa: nai, tradición, pasado que o protagonista quere desdicir. Quere ser; ser el.
lévanos a Mauritania, a un cemiterio de buques onde o sol, a area, o mar e un ruído de miseria e traballo tecen un mínimo tapiz onde un home novo espera por embarcar para outro mundo... Iso e a penuria dun deserto que o levou ata aí desde unha moi arredada Casa: nai, tradición, pasado que o protagonista quere desdicir. Quere ser; ser el.Este é un segundo motivo para celebrar a saída deste libro: con esta temática poderiamos atoparnos cun clásico libro benintencionado, politicamente correcto sobre as penurias dos subsaharianos que cruzan desertos, que se someten a mafias para atopar a redención, certa dignidade en Europa; unha especie de narración "Pepiño Grilo" que ultimamente tanto abundou.... Pero non. Sen renunciar a contar esa miseria, esa miseria que debe ser contada como calquera outra, Costa necrópole abandona calquera "tipismo" e fai do protagonista, Said, unha persoa calquera, moi reflexiva, moi lúcida, que puidera ser tanto do terceiro, segundo ou do primeiro mundo; isto é o que lle dá unha prestancia e unha dignidade que a miúdo desaparece en nome duns supostos e consabidos "valores", noutras narracións con este tipo de personaxe. Esa é a aposta, creo, deste libro.
O camiñar do subsahariano polo deserto é, nos mellores momentos do relato, o facer de calquera persoa teimuda, valente, ambiciosa cara ao outro que nos agarda ou que esperamos que nos agarde como promesa por ter nacido, é o facer da ilusión que nos tensa como frecha antes da consabida derrota... O sol, a sede, o porfiado camiñar, a espera inevitable no inevitable traballo son fíos mínimos onde se tece a historia do protagonista. O mellor de todo, ao meu entender, é cando máis espido está o relato pois é aí cando estamos nós, calquera de nós, como voz, enfrontándonos a medos e a ilusións perante o descoñecido, adestrándonos en círculos sobre a Casa ou arredándonos definitivamente dela; independentemente de raza, condición social e outras consideracións sociolóxicas.
Hai unha vontade clara por afastar a narración dun realismo que para este propósito sería parvo; a voz deste protagonista é elegante, rica e, ao tempo, contida. A narración abeira á lírica, aquí, sen desmesura: contense no sentimental e chega ao argumentativo: fugas sobre fugas, nisto dos xéneros. Un libro distinto, pois, unha aposta para ler. Por certo, ten unhas ilustracións, en tinta augada, moi de agradecer á autora e á editorial: magníficas.


