O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

15 de xul. de 2011

NOVIDADE EDITORIAL: Narrativa histórica

Autor: Vicente Piñeiro
Colección: Narrativa histórica
13x20cm
10.00 euros

Para escribir calquera relato histórico sempre hai unha maneira de explicalo todo como se estivesemos ante un descubrimento científico. Este coñecemento histórico revelado polas fontes aumentará a tensión de moitos ao velo aquí narrado. No entanto, non se trata de substituír a utopía, ter novas intuicións ou traizoar a historia. Calquera historia, por moi veraz que sexa, non significa que non se poida elaborar outra sobre ela porque o continuo sempre é previsible.A maioría das escenas que aparecen nesta novela son reais porque están documentadas por xente que dun xeito ou doutro viviu a contenda, e as experiencias da época e a novela ás veces cóntanse máis como experiencia que como literatura. Por veces as miradas descompoñen o que miran. A realidade que unha vez houbo aí fora, non se pode xa observar con detalle porque está moi afastada de conter unha orde ou un sentido. A realidade aquela atomízase. Os que ollamos deformámola aínda máis, descompoñéndoa de toda realidade obxectiva. Ás veces, co afán de non perdernos nada, de captalo todo, ollamos insistentemente e esa ollada pode ser precisamente a que nos impide obter una imaxe, un resultado ou unha composición.

Ver máis