Esa compilación xa chegou ás nosas librarías co título A cidade na poesía galega do século XXI, edición literaria de Gonzalo Vázquez, e que sae publicada na serie Esmorga (Escolmas) da Editorial Toxosoutos (na que en 1994 o meu libro de poemas xuvenís 42 décimas de febre inaugurou a colección Nume). A devandita antoloxía xunta textos de até 61 autoras e autores diferentes pertencentes a diversas promocións, sendo a máis veterana a poeta Helena Villar Janeiro (Becerreá, 1940) e a máis nova Berta Dávila (Compostela, 1987). Canda estas dúas mulleres figuran, por orde alfabética, os seguintes poetas (dos máis deles tedes o seu perfil biográfico na páxina da AELG):
Xoán Abeleira, Marilar Aleixandre, Francisco Álvarez “Koki”, Anxo Angueira, Alicia Baña, Xosé María Álvarez Cáccamo (curiosamente no C de Cáccamo), Ramón Caride Ogando, Xosé Antón Cascudo Rodríguez, Yolanda Castaño, Xabier Cordal, Francisco Cortegoso, Marta Dacosta, Lois Diéguez. Xoán Carlos Domínguez Alberte, Rosa Enríquez, Estíbaliz Espinosa, Eduardo Estévez, Francisco X. Fernández Naval, Manuel Forcadela, Antom Fortes Torres, Modesto Fraga, Xavier Frías Conde, Luís González Tosar, Mero Iglesias, María Lado, Xavier Lama. Alfonso Láuzara, Xosé Antón Laxe Martiñán, Alberto Lema, Rafael Lema, Xulio López Valcárcel, Verónica Martínez Delgado, Ricardo Martínez Conde, Rosa Méndez Fonte, Alberte Momán, Carlos Negro, Isidro Novo, Andrea Nunes Brións, Olga Patiño Nogueira, Xabier Paz, Ugia Pedreira, Ánxeles Penas, Manuel Pereira Valcárcel, Xavier Queipo, Xesús Rábade Paredes, María do Cebreiro Rábade Villar, Baldo Ramos, Mario Regueira, Claudio Rodríguez Fer, Alfonso Rodríguez Rodríguez, Miguel Sande, Xosé Luís Santos Cabanas, Xavier Seoane, Francisco Souto Barreiro, Xosé Vázquez Pintor, Xabier Vila-Coia, Miro Villar, Xabier Xil Xardón e Isaac Xubín.
Alén dos poemas escollidos o libro tamén leva unha «Introdución» teórica do editor literario Gonzalo Vázquez na que sinala que «a tradición poética do tema da cidade quizais sexa tan antiga como a existencia (e quizais a preexistencia) destas, poesía e cidade», para logo facer unha panorámica sobre o topoi da cidade sobre todo na poesía europea contemporánea mais tamén na literatura universal e finalmente na nosa propia tradición literaria. Deste asisado e moi suxestivo prefacio, e coa autorización do seu autor, reproduzo uns parágrafos: