Os anos son lousas. Lousas que van
construíndo o cadaleito que agarda. E no final, a vida só é unha presada de
lembranzas. Iso é o único que nos queda aos vellos. Outros nin iso tiveron…
Malditos aqueles que atentan contra ela! Malditos…
Nun conflito das dimensións da segunda guerra mundial onde o ser humando
trocou en besta e o raciocinio foi esquecido tras un bigotiño mal cortado, a
neutralidade e a moralidade son só palabras grandilocuentes sen sentido,
varridas pola innata necesidade de supervivencia. Pero o pouso dos remorsos son
refugallos imposibles de eliminar cando o horror nos fai partícipes…