Chéganme coas primeiras luces da
primavera a noticia de que Toxosoutos está de aniversario. Vintecinco anos, a
plenitude da vida. Un cuarto de século, a madurez e a experiencia. Un facho de
luz que desde o fisterrán porto noiés se estende ó mundo. Toda unha vida por
diante e toda unha historia detrás, que, para min en particular, é a
celebración dos meus padriños literarios, quen me abriron as portas no difícil
mundo da edición e a quen lles desexo moitos miles de primaveras e máis moitos
miles de novos autores no seu catálogo.
Felicidades, mariñeiros que
“levades a luz polos vieiros” e a esperanza nos ollos.
© Francisco A. Vidal