Toda unha confabulación barbancesa fixo posible a edición do libro Dos fastos ós festexos. Dos antigos mitos á relixiosidade galega que se presentou antonte pola noite en Ribeira. No volume xuntouse o traballo conxunto do matrimonio integrado por Rosa Benigna Vizcaya e Francisco Antón Vidal, ambos os dous ribeirenses, e a sempre meritoria e digna colaboración da editorial Toxosoutos cos creadores da bisbarra, que editou a obra na serie Keltia. O obxecto do encontro no salón de actos do conservatorio municipal foi dar a coñecer un excelente ensaio que demostra con feitos que a práctica totalidade dos costumes actuais e mesmo as crenzas son herdanzas de tempos inmemoriais, que mesmo se mantiveron vivas de relixión en relixión, iso si, cambiando as figuras dos deuses polas dos santos, e ata separadas por asombrosas distancias que levan a concluír que o mundo tampouco era tan grande cando non había medios de comunicación coma os de hoxe.
Baixo o amparo do Ateneo Vale-Inclán, representado polo secretario, Antonio Lijó; a colaboración do Concello de Ribeira, co seu alcalde, José Luis Torres á fronte; o respaldo da editorial Toxosoutos, que contou coa asistencia do seu director de publicacións, David González Couso, e un bo feixe de familiares e amigos dos autores, Benigna Vizcaya e Francisco Vidal deron a coñecer detalles dun traballo de varios anos de investigación que serve para entender os costumes máis arraigados na nosa sociedade, e tamén para deducir que as formas de vivir a relixión, por exemplo, non son exclusiva dunha determinada igrexa senón prácticas que foron pasando de século en século e aínda hoxe son semellantes coas antigas e ata coas doutras culturas.
Tucho Lijó dixo que o libro lle lembraba outro que lera hai tempo, Out of the flames (Rescatado do lume), que, ao igual que o que se presentaba, foi escrito por un matrimonio, naquel caso o formado por Lawrence e Nancy Golsdtone, sobre a historia dun escolar que non era outro que Miguel Servet, que, condenado por Calvino, acabou na fogueira por ter descuberto a dobre circulación do sangue, o que levou a Lijó a deducir que Servet tiña a razón.
David González falou da vinculación que Francisco Antón Vidal ten coa editorial, que publicou as súas obras Manuel Murguía , A luz da eclipse , Ollos de anxo da morte , A derradeira decisión , O botín da inmortalidade ou Os chanzos da escada . Do libro, sinalou que se centra da herdanza de ritos e tradicións e que xa espertara o interese de Pepe Agrelo, o malogrado director, hai anos. Tamén valorou especialmente a decisiva contribución de Rosa Benigna Vizcaya ao ensaio que se presentaba.
Especialmente orgulloso amosouse ou alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, pois os autores son paisanos. Asegurou que tivo a oportunidade de ler o libro e recomendou aos presentes que non dubidaran en facer o mesmo, porque tratar dun traballo moi profundo de investigación que axuda a entender moitos dos costumes e crenzas da sociedade galega, en xeral, e a ribeirense en particular.

Moncho Ares, La Voz de Galicia, 17.01.10