Unha herdanza
inesperada é quen de provocar a loucura no seu accidental beneficiario nunha
pequena vila como consecuencia dun ritual de maxia negra celebrado nos
derradeiros momentos polo que fora propietario do deixado, burlado e asasinado
polo seu amante. Exú non vai parar o proceso vingador ata que os bens do seu
invocante volvan a mans lexítimas que porten o seu sangue.