O vindeiro venres, 1 de marzo, ás 20,00 horas, a librería "A Lus do Candil" (Rúa Historiador Vedía, 3 Arteixo), vai acoller a presentación do libro "Breizh" de Miro Villar, publicado por Edicións Toxosoutos. No acto participarán o escritor e presidente do SEMESCOM, Xosé María Lema Suárez, e o autor do libro, Miro Villar. Ao remate do acto o autor asinará exemplares de "Breizh" ás persoas interesadas. Agardando poder contar coa túa presenza, recibe un cordial saúdo.
O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.
26 de feb. de 2013
Breizh, en Arteixo
20 de feb. de 2013
Claudio Rodríguez Fer presenta en Nova York a edición bilingüe de TIGRES DE TERNURA
The Ph.D. Program in Hispanic and Luso-Brazilian Literatures and Languages [Visit us at: http://web.gc.cuny.edu/hispanic/]
and
Xoan González Millán Center for Galician Studies
Cordially invite you to:
Bilingual (Galician/English) Poetry Reading and Conversation with Claudio Rodríguez Fer
Date: Tuesday, March 5, 2013 Time: 6:30 p.m.
Place: The Graduate Center - CUNY 365 Fifth Avenue Room C201
19 de feb. de 2013
18 de feb. de 2013
Laura Tato publica Roberto Vidal Bolaño, unha vida para o teatro
Roberto Vidal Bolaño, unha vida para o teatro
Laura Tato
Limiar de Manuel Quintáns Suárez
Imaxe de cuberta por Héitor Picallo, "O Karrapucho"
Parece claro
que para Roberto Vidal Bolaño a aplicación do termo “nacional” ao teatro que se
quere para Galicia non pode circunscribirse ao ideario de ningún partido
político concreto. Se estes non son capaces nin tan siquera de potenciar a súa
loita en defensa do principal sinal de identidade do seu pobo, a súa lingua,
que pode facer este teatro máis ca refuxiarse no propio pobo e na propia
cultura, dos que procede e aos que se debe? Isto polo menos debía ser o que
pensaba Roberto Vidal Bolaño, nacionalista de corazón, cando prefería falar dun
teatro popular e non dun teatro nacional.
Do limiar de M. Quintáns Suárez
11 de feb. de 2013
Isidro Novo presenta a súa última novela
15 de febreiro de 2013 20:00 h
Galería Sargadelos de Lugo
SINISTRA DEIXA
Contaremos coa intervención de J.Luis Calvo e do propio autor.
5 de feb. de 2013
Jorge Emilio Bóveda, narrador disciplinado e vocacional
O narrador ourensán Jorge Emilio Bóveda, autor entre outras pezas narrativas e ensaísticas d´A vila das ánimas (Toxosoutos, 2010) e mais d´A habitación secreta (Toxosoutos, 2012), confesa que escribe a man, en cadernos ou onde cadre, <>, mentres que os libros de divulgación polo xeral van construíndose directamente no ordenador. Ler máis en CADERNO DA CRÍTICA, de Ramón Nicolás.
http://cadernodacritica.blogaliza.org/?s=emilio+boveda
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)