O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

26 de feb. de 2013

Breizh, en Arteixo

O vindeiro venres, 1 de marzo, ás 20,00 horas, a librería "A Lus do Candil" (Rúa Historiador Vedía, 3 Arteixo), vai acoller a presentación do libro "Breizh" de Miro Villar, publicado por Edicións Toxosoutos. No acto participarán o escritor e presidente do SEMESCOM, Xosé María Lema Suárez, e o autor do libro, Miro Villar. Ao remate do acto o autor asinará exemplares de "Breizh" ás persoas interesadas. Agardando poder contar coa túa presenza, recibe un cordial saúdo.