Roberto Vidal Bolaño, unha vida para o teatro
Laura Tato
Limiar de Manuel Quintáns Suárez
Imaxe de cuberta por Héitor Picallo, "O Karrapucho"
Parece claro
que para Roberto Vidal Bolaño a aplicación do termo “nacional” ao teatro que se
quere para Galicia non pode circunscribirse ao ideario de ningún partido
político concreto. Se estes non son capaces nin tan siquera de potenciar a súa
loita en defensa do principal sinal de identidade do seu pobo, a súa lingua,
que pode facer este teatro máis ca refuxiarse no propio pobo e na propia
cultura, dos que procede e aos que se debe? Isto polo menos debía ser o que
pensaba Roberto Vidal Bolaño, nacionalista de corazón, cando prefería falar dun
teatro popular e non dun teatro nacional.
Do limiar de M. Quintáns Suárez