Con motivo dos 25 anos de andaina de Editorial Toxosoutos, numerosas voces vinculadas a esta casa adicarán neste espazo a súa particular reflexión. Grazas a todos!!!
No ano1988, cando
nacía a editorial Toxosoutos, eu estaba profundamente inmerso na dirección da
Gran Enciclopedia Gallega, o que me tiña en contacto con case todos os
historiadores e escritores de Galicia. Un deles, por certo moi querido, era
Manuel Fabeiro, oficial do xulgado de Primeira Instancia de Noia, historiador
de canto acontecemento sucedera en Noia, poeta, filatélico e membro das
Mocidades Galeguistas no tempo da República. A el encargueille a redacción para
a Enciclopedia a reseña histórico-artística da parroquia e da igrexa románica
de Santa Mariña de Obre. Tempo despois presentouse no meu despacho e cheo de
ledicia agasalloume cun exemplar do seu libro A freguesía de Santa Mariña do
Obre, engadindo que o ter que investigar para o meu encargo fora o impulso
que necesitaba para profundizar no tema, do que o resultado era este libro
auroral da Editorial Toxosutos.
O
meu contacto, pois, con Toxosoutos é desde o momento mesmo do seu nacemento e
chega ata hai pouco (2012), ano no que con David G. Couso, o seu director de
publicacións, nos encargamos da edición da XXXVII edición do certame literario
Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro.
Por
iso, máis alá do valor intrínseco do traballo editorial ao longo de 25 anos,
con Toxosutos úneme unha agarimoso relación, incrementada desde a miña
colaboración con David G. Couso.
© Xosé Ramón Fandiño