O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.
Contra o espolio
Teñen máis de dúas mil sinaturas de apoio e un libro –editado por Toxosoutos con traballos de 62 escritores– que estes días andan a presentar por Galicia como un alegato: o seu obxectivo é impedir que o monumental Instituto de Celanova acabe privatizado como parador de turismo. Onte pasaron por Compostela e o coordinador das accións, Xoán Carlos Domínguez Alberte, foi tallante: “Están facendo un exercicio de mentira”. A súa voz apuntou directamente ao conselleiro de Eduación, Jesús Vázquez, por enganar –dixo– no Parlamento.