O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

23 de nov. de 2010

Novidade


Na pequena aldea de Vixán danse cita unha selección de persoeiros lendarios. Reis como Breogán ou Alfonso X, cabaleiros como Carlomagno ou Roldán, soldados como Brutus, santos e virxes, demos, druídas e meigas, monstros mariños, sereas e serpes. Os nomes máis sinalados das lendas galegas teñen o seu papel nesta historia e o Comandante Pepe Regueiro, esculcado polas súas propias pantasmas, terá que se enfrontar a algún deles, axudado por outros, para salvar só a un. ¿Será quen de conseguilo?