A asociación Barbantia volve ocupar un oco na axenda cultural do fin de semana. Faino organizando unha presentación literaria, a cargo de Francisco Antonio Vidal, que falará en Palmeira do seu novo libro, As deusas do Calvario . A obra narra a historia dun grupo de mulleres que teñen que enfrontarse a unha serie de vicisitudes.
Ademais do autor, no acto estarán presentes os socios de Barbantia Xesús Laíño e Plácido Betanzos, a representante do Ateneo Valle-Inclán Rosa García Pose e o alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer. Tamén se dará a coñecer un novo número da voz de Barbantia .