-¿Con este currículo, como se acaba escribindo un libro de música?
-Realmente eu dedícome aos meus dúas grandes paixóns que son a literatura e a música. á parte deste libro publiquei outra novela que se chama Desorde, e sigo coa ficción, que é o que máis me interesa.
-¿Por que escribiu este libro?
-Esta obra escribina porque alguén o tiña que facer. é o primeiro libro que fala da historia do pop rock en Galicia. Hai dous volumes anteriores, que son O rock bravú, de Xavier Valiño, e o ¿Rock and grelos?, de Alberto Casal, pero só cubriron o movemento bravú e os noventa.
-Con tanta información musical na cabeza, ¿que adoita escoitar?
-Son moi melómano e escoito de todo. Teño unha colección de discos e vinilos moi grandes. Podo escoitar a Bob Dylan, Johnny Cash, o son country, o son americano, a nova onda dos oitenta ou o pospunk de finais dos 70. A nivel nacional gústanme moito os 80 e a época independente dos 90: o noise pop .
-A un coleccionista como vostede, ¿que disco fáltalle no seu andel?
-O disco que me gustaría ter sería un de N.?H.?Ou, pero é moi difícil de conseguir e non estou tolo para deixarme 500 euros no disco.
-Segundo di vostede, escribir este libro foi quitarse unha espiña cravada. Unha vez publicado, ¿seguirá escribindo?
-Teño un libro de relatos e unha novela por publicar, e a min o que realmente me gusta é a ficción. Pero é un libro vivo, un traballo que continúo facendo e sempre hai grupos que incluír se se fixesen máis edicións.