Os sesenta. Representan a xénese do pop en Galicia, xa que gravaron a primeira canción deste estilo en galego, «Galicia terra nosa». O seu líder foi o carismático Pucho Boedo, e podemos dicir que deixaron o que hoxe son clásicos populares como « A Santiago vou», ou as adaptacións de Rosalía de Castro, como «Adeus ríos, adeus fontes», e outros poemas de Celso Emilio Ferreiro ou Eduardo Pondal. O seu disco máis representativo sería «Miña Galicia verde», editado en 1974.
Os setenta. Foi o cantautor maldito por excelencia da música galega, con cancións como «Ou tren» ou «Teño saudade». Alcanzou catro números «un» nacionais compondo en galego, converténdose así no primeiro autor que o conseguía en plena etapa de censura. Tivo unha segunda etapa persoal moi conflitiva e destrutiva onde tivo problemas co alcol e as drogas. O seu disco máis representativo é «Chámome Andrés Lapique do Barro », editado en 1970.
Os oitenta. Sendo de Vigo foron un dos grupos máis representativos da movida tanto a nivel galego como en Madrid. Foron os pioneiros do movemento punk en España e desde un primeiro momento foron a cara máis irreverente da movida. Os seus dous primeiros discos son os seus referentes a nivel musical: «¿Cando se come aquí?», editado por Dro en 1982, e, tras a incorporación de Miguel Costas debido á marcha do cantante a Golpes Baixos, «O regreso», editado en 1983.
Os noventa. Foron o xerme do rock «bravú» e, por conseguinte, o grupo máis representativo deste movemento. O seu líder foi o polifacético Xurxo Souto, que ademais de dedicarse á música gravou varios documentais e escribiu varios libros. O seu logro foi unha mestura moi conseguida do rock coa cultura e a tradición galegas. Os seus discos máis representativos son «Arroutada pangalaica» en 1991 e «Avante toda!» en 1995.
A última década. Son unha das formacións máis orixinais da escena nacional. Este conxunto galego fai un «noise rock» bizarro orixinal e estimulante que lle está xerando numerosos recoñecementos. De feito, o seu último disco publicado en maio deste ano, «Ano santo», en honra ao Xacobeo, converteuse no disco do ano en varios medios de comunicación. O seu disco debut «Triángulo de Amor Bizarro», editado por Mushroom Pillow no 2007, levounos a converterse nun dos grupos revelación daquel ano.