Este libro contén unha serie de emanacións vitais que, coma no caso
dos síntomas volcánicos, constitúen formacións de cinsa, pedra, lava e rocha
metamórfica. A “Cinsa”, escrita entre o ano 2004 e o 2010, poetiza o abandono
do mundo rural galego e o seu resistente corazón residual, en loita contra o
esquezo e o desleixo, e tentando sempre integrar a morte na vida e a vida na
morte. A “Pedra” foi experimentada como sentimento megalítico a través dunha
vida vivida en Bretaña, onde precisamente se escribiu o texto, en Roazhon, en
abril do ano 2005. A
“Lava” foi soñada desde a infancia no misterio de Pompeia, a onde viaxei en
febreiro do ano 2009, na procura do magma, ó encontro do enigma da beleza e do
amor. A “Rocha metamórfica” quere petrificar salvaxemente a linguaxe de Eros,
na celebración carnal antiplatónica.
O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.
23 de abr. de 2012
17 de abr. de 2012
Próxima publicación do libro V do Códice Calixtino, a Guía medieval do peregrino
X. EDUARDO LÓPEZ PEREIRA ofrece unha nova edición ampliada e anotada da súa tradución. O libro presenta o texto bilingüe latín- galego
Ofrecemos aquí o
quinto dos libros que compoñen o Códice Calixtino, que recibe tal nome
do papa Calixto (1119-1124), universalmente coñecido como Guía do
peregrino polo seu contido, que o propio autor define así: “Escribín todo
isto para que os peregrinos, con esta información, poidan prever os gastos
necesarios para a súa viaxe, cando saian para Santiago. Grazas a el conservamos
a descrición de moitas vilas que percorreu, de igrexas e sartegos que visitou,
de hospitais e de hospederías polos que pasou, e mesmo imprescindibles
referencias de persoas, boas e malas, que atopou ao longo do camiño, para
rematar cunha fermosa e completa descrición da cidade de Santiago, das súas prazas,
das súas sete portas e, sobre todo, da súa catedral e do ambiente que xa
daquela a arrodeaba, onde se ofrecían
aos peregrinos todo tipo de mercadorías, dende "vieiras ata botas de viño,
zapatos, mochilas de pel de cervo, bolsas, correas, cintos e ata herbas
medicinais”.
12 de abr. de 2012
Polos soutos da melancolía, por Román Raña
Estraño e diverso resulta este poemario de Ramón Caride Ogando
(Cea,Ourense,1957),A chuvia humana, que parece formar círculo co seu
libro inicial,Paisaxe de verde chuvia,no que ao título se refire.O
que agora comentamos circula,nunha primeira parte,polas vías do haiku mostrando
reverberacións reveladoras:“A chuvia domundo/non sabe/a quenmolla”,máis tamén polos
carreiros do aforismo simpático: “O marketing/ vén sendo o lifting/das
novidades/ou sexa: o dos remakes”; ou do epigrama filosófico:“
O amor e o sexo/non son sinónimos:/ non hai centro sen beiras”. Así
decorren numerosas composicións deste breve volume, tratando temas diversos
que,conxuntamente,
conforman un catálogo dos malestares íntimos do poeta, mais tamén da súa
educación sentimental. Na segunda parte,“Pegadas
e ronseis”, atopamos os poemas de longo folgo e de maior expansión lírica.Deste
xeito,o primeiro deles,“Ourense, 1967”,desafaba a saudade dos anos
fuxidos:“Ourense,/néboa que rubía do Miño, sotanas e pedra gris.A nostalxia é
unha trampa/para os que cobran a nómina/polosméritos do esquezo./Morriña do
calendario/por un tempo que se foi/sen que nunca fora noso”.Así,entre os versos
e as sentenzas, se tecen e destecen as palabras,ceibes polos soutos da
melancolía.
Os anos da emoción, por Pilar Ponte
Marcelino Fernández Mallo descubriuse un día sorprendido por unhas liñas
que sumadas a moitas outras deron lugar á súa última novela,Pallarega:
unha historia de protagonista que nos leva de paseo pola vida de Nicolás Traseira
a través de diferentes paisaxes xeográficas e vitais. Logo de Klásicos,
coas divertidas peripecias de Horacio, chéganos esta nova historia xestada hai
tempo e de fasquía ben diferente.Aínda así, podemos detectar algunhas
constantes de estilo como a intención de achegar unha perspectiva
persoal ou a busca de contido social. O propio autor sinala como obxectivos
da obra, dunha banda, o retrato desa xeración admirable
dos nados entre os anos 20 e 40 do século XX,e doutra banda
unha “posta en valor da saudade” como forza motriz de cambio. E é así como a
Pallarega,Madrid,A Habana e A Coruña serven de fondo para uns anos decisivos da
vida do protagonista,os que el mesmo denomina como“os anos da emoción”,aqueles
en que nos abrimos á vida porque aínda todo nela pode ser e talvez por iso a
novela remata abruptamente no preciso momento en que é posible albiscar o
futuro porque os camiños xa foron trazados.
Faro da Cultura, 5 de abril, p. 6
4 de abr. de 2012
Once anos do Premio Historia Medieval de Galiza e Portugal
O próximo 28 de abril farase entrega na Igrexa de Santa María a Nova (Escultor Ferreiro s/n) de Noia o XI PREMIO DE HISTORIA MEDIEVAL DE GALIZA E PORTUGAL e presentarase a edición do traballo premiado A NOBREZA NA LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA, de ANTONIO REY SOMOZA. O académico Henrique Monteagudo, como presidente do xurado composto por Xerardo Agrafoxo, Clodio González, Pedro G. Vidal e Marcos F. Ferreiro estarán presentes no acto que se celebrará ás 13.00h.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)