X. EDUARDO LÓPEZ PEREIRA ofrece unha nova edición ampliada e anotada da súa tradución. O libro presenta o texto bilingüe latín- galego
Ofrecemos aquí o
quinto dos libros que compoñen o Códice Calixtino, que recibe tal nome
do papa Calixto (1119-1124), universalmente coñecido como Guía do
peregrino polo seu contido, que o propio autor define así: “Escribín todo
isto para que os peregrinos, con esta información, poidan prever os gastos
necesarios para a súa viaxe, cando saian para Santiago. Grazas a el conservamos
a descrición de moitas vilas que percorreu, de igrexas e sartegos que visitou,
de hospitais e de hospederías polos que pasou, e mesmo imprescindibles
referencias de persoas, boas e malas, que atopou ao longo do camiño, para
rematar cunha fermosa e completa descrición da cidade de Santiago, das súas prazas,
das súas sete portas e, sobre todo, da súa catedral e do ambiente que xa
daquela a arrodeaba, onde se ofrecían
aos peregrinos todo tipo de mercadorías, dende "vieiras ata botas de viño,
zapatos, mochilas de pel de cervo, bolsas, correas, cintos e ata herbas
medicinais”.