Vinte e cinco anos, pouco máis do que unha maioría de idade, coa madurez de quen se sitúa nas fronteiras do mercado, cun proxecto que reivindica a necesidade de definir a esencia dun país, nun momento no que as forzas públicas ceden cara intereses privados, nos que a cultura, alén do estandar comercial, perde presenza. Eis que se sitúa Toxosoutos, apostando pola diferenza, na divulgación dunha diversidade tan minoritaria como necesaria, imprescindible. Eis que se sitúa, tamén, a miña experiencia Toxosoutos, que diría o comercial, de colocarnos nese contexto, pero non é preciso vender vintecinco anos de traxectoria, xa que son as múltiples pegadas que como editora foi deitando nos distintos eidos da escrita, que falan por ela e de todos e todas nós que nos vemos reflectidos nas súas páxinas.
23 de maio de 2013
Alberte Momán, dando que ler.

Miro Villar, dando que ler.
25 anos de ledicia e libros. Ramón Caride, dando que ler.
16 de maio de 2013
Letras galegas 2013. Laura Tato no Ateneo de Santiago: "Vidal Bolaño reinventou e profesionalizou o teatro galego"
15 de maio de 2013
Espello Cóncavo leva a escena Azos de esguello, de Euloxio Ruibal.
En realidade, Azos de esguello si foi antes levada a escena, pero por compañías non profesionais. Unha delas foi Teatro do Vilar, no marco da Mostra de Ribadavia. O propio Arturo López dirixiu o grupo Valacar noutra daquelas montaxes amadoras. “Sempre admirei moito o teatro de Euloxio Ruibal, e penso que non hai correspondencia entre a súa calidade e o pouco que se representa. Por iso decidimos celebrar o 20 aniversario da nosa compañía con Azos de esguello. Eu penso que o CDG non a representou porque naquel tempo o personaxe de Galisindo se identificou con políticos das altas esferas”, explica.
Esta mesma tese tamén a comparte Laura Tato na edición de Azos de esguello que Toxosoutos tirou do prelo no 2011. Para ela, foi un caso de “censura sen paliativos á sátira máis virulenta que até o momento fora escrita contra a novísima democracia galega e, máis e concreto, contra a súa clase política”. O personaxe en cuestión, que Laura Tato relacionou co O porco de pé de Risco ou Viaxe ao país dos ananos de Celso Emilio Ferreiro, é unha caricatura do indiano que volve a Galicia e se mestura en negocios turbios. Galisindo compra xornalistas para que agochen as súas infraccións urbanísticas, presiona o alcalde para que lle deixe facer, e consegue que o nomeen gobernador a cambio da xenerosa doazón económica que, no seu día, lle concedera ao partido que acaba de conquistar o poder. “Galisindo é un estereotipo, que non creei pensando nun político concreto. O problema é que eran os inicios da preautonomía, e seguían no poder, en gran parte, os mesmos. O franquismo sociolóxico estaba moi presente, e aínda hoxe pervive”, reflexiona Euloxio Ruibal.
Moncho Iglesias, dando que ler.
Rubén Martínez Alonso, dando que ler.
14 de maio de 2013
Eros hai mil anos
Leda m’and’eu é, a non dubidalo, unha monografía afortunada, entre outras cousas pola idoneidade de quen a asina, poeta erótica ela e, tamén si, sabia analista desta temática na obra doutr@s autor@s de noso como, poño por caso, Claudio Rodríguez Fer e Uxío Novoneyra. Mais tamén é este volume un acerto innegable porque nos cumpría xa un estudo de conxunto no que fosen recompilados, balizados e integrados todos os saberes sobre as prácticas sociosexuais da nosa comunidade dende os remotos tempos prerromanos ata o xérmolo nodular do país actual que se configura ao longo de toda a Idade Media.
12 de maio de 2013
O Premio de Historia Medieval dáse por consolidado
Aínda que hai tempo que se coñecía a identidade da gañadora da duodécima edición do Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal, a autora lucense Olga Novo entrou onte a formar parte, oficialmente, da lista de galardoados. Foi nun acto que tivo lugar na casa de cultura de Lousame, onde se falou deste certame de investigación como unha iniciativa consolidada e con vocación dun futuro longo.