Vinte e cinco anos, pouco máis do que unha maioría de idade, coa madurez de quen se sitúa nas fronteiras do mercado, cun proxecto que reivindica a necesidade de definir a esencia dun país, nun momento no que as forzas públicas ceden cara intereses privados, nos que a cultura, alén do estandar comercial, perde presenza. Eis que se sitúa Toxosoutos, apostando pola diferenza, na divulgación dunha diversidade tan minoritaria como necesaria, imprescindible. Eis que se sitúa, tamén, a miña experiencia Toxosoutos, que diría o comercial, de colocarnos nese contexto, pero non é preciso vender vintecinco anos de traxectoria, xa que son as múltiples pegadas que como editora foi deitando nos distintos eidos da escrita, que falan por ela e de todos e todas nós que nos vemos reflectidos nas súas páxinas.
© Alberte Momán