A
dicir verdade, non lembro o momento no que naceu a editorial Toxosoutos. Cando
en 1988 botou a andar, eu tiña tan só oito anos. Sen embargo, levaba xa algún
tempo sendo partícipe dun cambio que non deixaba de abraiar ós meus pais: o
galego, por fin, entrara nas aulas. E a súa literatura achegábanos agora a
escenarios moito máis próximos, voando outras veces sobre os cantís onde morren
os prexuízos, acomplexados monstros daquela longa noite que as primeiras
raiolas semellaban cegar, batendo entón contra as paredes dunha cela agora
baleira. Tal vez fose daquela cando naceu en min un desexo, o de berrar dende o
silencio dunhas palabras impresas, apostando Toxosoutos, unha vez máis, polo
autor novel, arriscando no prelo o papel que hoxe é singular voceiro. Perpetua
será a débeda daqueles ós que se lles brindou a oportunidade. Sempre
agradecido. Por outros 25 anos!
© Rubén Martínez Alonso