O que hai un tempo se vía polas fírgoas vencelladas a unha casa editora esmorece para abrir unha ventá aos comentarios sobre temas culturais. Unha nova xeira agroma para este espazo. Co agradecemento aos lectores, sempre.

11 de dec. de 2009

Guía actual da banda deseñada en Galicia


Malia que hai antecedentes puntuais previos, considérase que a historia da banda deseñada en Galicia arranca alá por 1973, cos traballos de xente como Xaquín Marín ou Raimundo Patiño. Dende entón, a chamada novena arte ten formado en Galicia unha completa xungla de editoriais, artistas, publicacións periódicas, salóns...Neste senso, Carlos Portela apunta que un dos motivos pode ser que as tiraxes son moi pequenas, rondando os mil exemplares. Así, opina que as editoriais ''pensan que para eses exemplares non vale a pena e os excedentes que lles deixa a BD xéranlles un problema''. De recente creación son as editoriais especializadas, como El Patito, que arroxan algo de luz, malia que de momento actúan a pequena escala e editan para librarías especializadas. Ademais, Portela sinala que ''o típico de calquera editorial é sacar un intento de Astérix, unha obsesión que non ten ningún sentido, ou historias de Galicia que son un coñazo''. Dende o punto de vista dos libreiros, Santiago Navia comenta que o cómic para adulto é un fenómeno bastante recente e por iso as editoriais comezan agora a ''velo como mercado fóra do infantil''. O catálogo de autores en activo, tanto en Galicia como no exterior, ronda o medio cento e só dende o 2005 saliron do prelo máis de 50 títulos das máis variadas temáticas. As editoriais son, precisamente, unha das principais esperanzas do sector, pese a que non manteñen unha aposta clara e decidida pola BD, o que se pode apreciar nos escasos títulos que inclúen nos seus catálogos. E a directora de El Patito asegura que é posible que as editoriais ''non vexan a banda deseñada como unha fonte de ingresos''. Con todo, algunhas editoras, como Toxosoutos, Faktoría K, Xerais ou Urco contan tamén con BD nos seus fondos.
Galiciaé.- R. Silva/O.Ucha. Nova