O poemario de Xoán Carlos Domínguez Alberte presentouse na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela o mércores 2 de decembro. Acompañaron ao autor o profesor e poeta Miro Villar, quen destacou a relevancia técnica e estrutural do libro así como a trascendencia da súa temática, e o editor David González Couso, que situou o poemario no contexto da memoria necesaria a través das vidas que gracias aos textos de Domínguez Alberte saen do anonimato setenta anos despois.
Ordearon calar
e fíxose silencio
por completo.
Durante moitos máis
de corenta anos
houbo que ter a boca pechada
coma os que quixeron mandar
ao esquecemento.
(...)
Ordearon calar
e fíxose silencio
por completo.
Durante moitos máis
de corenta anos
houbo que ter a boca pechada
coma os que quixeron mandar
ao esquecemento.
(...)